EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES E UNÍNDONOS Á PROPOSTA DA A.E.L.G co lema da proposta #AbrideAFiestra, fixemos un traballo en aula sobre a figura literaria e persoal de Rosalía, lemos poemas nas aulas, traballamos sobre o que a súa figura representa para nós os amesáns e amesás, para os galegos e o recoñecemento que ten a nivel mundial.
Logo cada alumno escribiu un poema nun soporte dado polo Concello de Ames e ilustrouno.
Logo cada alumno escribiu un poema nun soporte dado polo Concello de Ames e ilustrouno.
A idea é que todos os nenos/as o leven para a súa casa e que os poemas teñan luz, facelos visibles, pegándoos no interior dos vidros nas fiestras e nos portais.