sábado, 10 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018 XOGOS DE AQUÍ E DE ACOLÁ



NAS AULAS DE ED. INFANTIL TRABALLARON O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO.

GRAZAS ÁS XESTIÓNS DA PROFE LUISA E Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 5 ANOS, OS NENOS E NENAS  DISFRUTARON NAS AULAS COA VISITA DOS XENERAIS DO ULLA E DAS PANTALLAS DE XINZO. MEDIANTE UNHA  PRESENTACIÓN CONTÁRONLLE COMO CELEBRABAN  O ENTROIDO NESTES LUGARES E AS SÚAS ORÍXENES. TAMÉN PUDERON VER E PROBAR AS SÚAS VESTIMENTAS.



O FESTIVAL DE ENTROIDO DESTE CURSO XIROU ARREDOR DOS XOGOS. CADA NIVEL ELIXEU UN XOGO POPULAR PARA DISFRAZARSE E REPRESENTAR UNHA PEQUENA COREOGRAFÍA : O PARCHÍS, AS BARALLAS, OS DOMINÓS, AS BUXAINAS, OS MONICREQUES, A PITA CEGA E OS REGUEIFEIROS DOS XOGOS AMENIZARON ESTA FESTA.

A XORNADA FOI DE PORTAS ABERTAS PARA DISFRUTE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

AMOSAMOS UN PEQUENO VÍDEO DALGÚNS ASPECTOS DESTA FESTIVAL. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

DAMOS  AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS PARTICIPANTES E COLABORADORAS NESTA CONMEMORACIÓN