Amosando publicacións coa etiqueta PAZ 2017. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PAZ 2017. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de febreiro de 2017

PAZ 2017 ASÍ PINTAMOS O LENZO DA NOSA VIDA


ASI QUEREMOS QUE SEXA O LENZO DA NOSA VIDA



AMOSAMOS O TRABALLO REALIZADO POR TODO O ALUMNADO DO C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO NOS ACTOS REALIZADOS NA SEMANA DA PAZ.

SEMPRE COA ESPERANZA DE QUE OS NOSOS DESEXOS SEXAN CUMPRIDOS E CHEGUEMOS A VER UN MUNDO MELLOR. MOITOS GRANS DE MILLO  FAN UN GRANEIRO E NON QUEREMOS DEIXAR PASAR A OCASIÓN DE POÑELO DE MANIFESTO.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

mércores, 11 de xaneiro de 2017

PAZ 2017 (INFORMACIÓN)

 PAZ 2017.

 Todo o profesorado acordou  celebrar a Paz o día 30 de xaneiro de 2017. Ana, mestra de música, está traballando con todo o alumnado a canción “Acuarela” do cantante Toquiño. (Ensaian en portugués). 





A partir desta canción elaborarase  un mural colectivo de todo o alumnado co seguinte título:

 PINTA O LENZO DA TUA VIDA CON ACUARELAS DE …. Paz, Amor, Ledicia, Aloumiños, Tolerancia, Igualdade, Xogos, Xustiza, Tenrura, Solidariedade, Liberdade, Respecto,Esperanza, Protección, Perdón, Amizade, Interculturalidade, Colaboración, Convivencia, Comprension, e Aperta”. 


  Tamén se elaborará un mural coa palabra “Irmandade”, (elexida palabra do ano 2016 en Galicia). As letras desta palabra entregaranse en forma de puzzle a cada aula, e decorará a parte que lle corresponda. Traballarase nas aulas  o poema “IRMAUS” de Celso Emilio Ferreiro ,está musicado por Fuxan os Ventos.

Se queres podes consultar os seguintes enlaces que che facilitamos para o traballo na aula:

ENLACES :  CLICA NAS PALABRAS IRMANDADE OU IRMAUS

                        IRMANDADE
  
                        IRMAUS

domingo, 8 de xaneiro de 2017

IRMANDADE PALABRA DO ANO 2016


IRMANDADE


Irmandade foi elixida a Palabra do Ano 2016 na votación popular promovida polo Portal das Palabras, o proxecto que comparten a Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a difusión da nosa lingua. Os participantes nesta iniciativa quixeron así renderlles homenaxe, no centenario da súa fundación na Coruña, ás Irmandades da Fala, e tamén salientar a vixencia das súas reivindicacións. Este movemento pulou no primeiro terzo do século XX pola modernización e a dignificación da lingua e da cultura galegas, defendo o uso do idioma propio de Galicia en todos os contextos.
PARA MÁIS INFORMACIÓN CLICA NO ENLACE : IRMANDADE



No ano 2016 conmemorouse os cen anos  das Irmandades da Fala, iniciativa popular galega que entre 1916 e 1936 traballaron, a través dunha  rede de organizacións  locais, pola reivindicación e recuperación da língua, promovendo todo tipo de iniciativas sociais e culturais .