xoves, 22 de decembro de 2022

POSTAIS DE NADAL E AGASALLOS

 Onte tivemos a entrega dos agasallos dos gañadores e gañadoras do "Concurso de Postais de Nadal". Asistiron dous representantes da ANPA, a coordinadora do equipo de Dinamización da Lingua Galega, o coordinador da biblioteca e a directora do centro.

Esperamos que vos gustasen!!!

preme na imaxe


BO NADAL E FELICES FESTAS!!!

luns, 19 de decembro de 2022

GUÍA DE LECTURA DE NADAL 2022

 XA CHEGARON AS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE NADAL!!!

Neste documento deixámosvos as nosas recomendacións para os diferentes niveis que dende os equipos de Bibliotecas Escolares dos centros públicos de Ames eleboramos. 

Pretenden ser unha recomendación de libros que nos parecen interesantes!!!

PREME NA IMAXE



FALADOIROS NO MUÍÑO: CONTO DE NADAL

 Nesta ocasión, a nai de Micaela, de 4º B, contounos un Conto de Nadal.

Moitas grazas pola túa colaboración.

preme na imaxe



venres, 16 de decembro de 2022

FALADOIROS NO MUÍÑO: ENTREVISTA A UNHA AUXILIAR DE VOO

 Nesta entrevista, a nai de Tiago e Olalla, de 4º B, comentounos moitísimas experiencias a bordo dun avión. Falou das súas viaxes a Exipto, Sudáfrica (Mundial 2010), EE.UU... Resultou moi interesante.

Moitas grazas pola túa colaboración!!!

preme na imaxe



luns, 12 de decembro de 2022

FALADOIROS NO MUÍÑO: VIAXE A BALI

 Nesta ocasión, a nai de Candela, 4º B, contounos a súa viaxe por Bali.

Moitas grazas por compartir!!!!

preme na imaxe



luns, 28 de novembro de 2022

FALADOIROS NO MUÍÑO 2

 Nesta ocasión, viñeron Noa e Juan, pais de Alma e Clara, de 5 anos A, a facernos varios experimentos: maicena alucinante, choiva e neve! Foi estupendo!!

preme na imaxe




venres, 25 de novembro de 2022

25 N: QUE NON NOS PIQUEN OS OLLOS

 Para complementar as accións desenvolvidas nesta semana e adicadas o 25 N, e igual que outros anos, o alumnado, de xeito voluntario,  virá vestido de cor negra ou violeta e fotografiarémonos diante dun photocall: un mural resultado do traballo colectivo de todas/os. Farémonos unha foto coas lentes violetas para, como di a artista  á que queremos homenaxear, non “ser cómplices do medo”.

ESTE FOI O RESULTADO!!! PREME NA IMAXE


Algúns traballos realizados nas distintas aulas

preme na imaxe





xoves, 24 de novembro de 2022

25 N: Podcast: "Pícanme os ollos"

 Ao longo da semana do 21 ao 25 de novembro no CEIP Agro do Muíño conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A partires da canción “Pícanme os ollos” da artista Guadi Galego xunto a DePedro, fíxose unha reflexión sobre a violencia exercida contra as mulleres, pero tamén contra as nenas e os nenos, Isto foi posible a partir do visionado de curtas e lectura de contos, afondando nos estereotipos que a sociedade transmite ás crianzas en base ao xénero e como isto acaba desembocando nunha desigualdade de dereitos e oportunidades que sofren as mulleres. Como produto final, e en relación ao proxecto de centro deste curso, elaboramos un podcast onde cada aula gravou a frase “Pícanme os ollos” nos distintos idiomas dos países que se están a traballar. Deste modo reanudamos a actividade da radio e non se nos ocorre mellor xeito de facelo que lanzando unha mensaxe ao mundo: “Que o teu machismo non se converta no meu problema”. (ao fío da campaña do Concello de Ames, xogando coas palabras do lema e dándolles a volta).

PREME NA IMAXE



martes, 22 de novembro de 2022

25 N 2022

 Ao longo desta semana estamos a traballar sobre o tema do

Día Internacional contra a violencia cara as mulleres.

O equipo de biblioteca eleborou unha exposición de materiais.

venres, 18 de novembro de 2022

DÍA DO PIXAMA

 Chegou o DÍA DO PIXAMA!!!

Para celebralo, nos sumamos á iniciativa de ACOUGONENAS, NENOS E ADOLESCENTES do Sistema de Protección! 

Polo seu dereito a medrar en familia, ás súas orixes e todos os dereitos que teñen recoñecidos, e que non sempre son respectados.

 Ir en pixama ao cole quere representar ese momento que se vive ao ir para cama, cando se arroupan, se conta un contiño e falamos de como foi o día. Moitos nenxs que non poden vivir coa súa familia, precisan familias para poder vivir estes momentos como xs demais. 

Porque aínda que nos centros residenciais os coidan moi ben, non viven en familia... E como sabemos, vivir en familia é un dereito!!!


Ademais, o alumnado de 3º e 4º de Primaria, tiveron unha charla por unha representante da Asociaicón de Acougo. Moitas grazas por compartir a vosa labor!!!


PREME NA IMAXE PARA VERNOS EN PIXAMA




Portadas dos libros do Itinerario Lector

 Aquí temos as portdas dos libros que os equipos docentes xunto co equipo de biblioteca, seleccionaron para este curso!!!

xoves, 17 de novembro de 2022

DEREITOS DA INFANCIA

 Esta semana é unha das mais importantes do ano, a piques de chegar o día no que celebramos os Dereitos da Infancia e Adolescencia!

O 20 de novembro!!!

 

Mañá día 18, para celebralo, tamén nos sumamos á iniciativa de ACOUGO:

NENAS, NENOS E ADOLESCENTES do Sistema de Protección!

 

Polo seu dereito a medrar en familia, ás súas orixes e todos os dereitos que teñen recoñecidos, e que non sempre son respectados.

 

Ir en pixama ao cole quere representar ese momento que se vive ao ir para cama, cando se arroupan, se conta un contiño e falamos de como foi o día. Moitos nenxs que non poden vivir coa súa familia, precisan familias para poder vivir estes momentos como xs demais.

 

Porque aínda que nos centros residenciais os coidan moi ben, non viven en familia... E como sabemos, vivir en familia é un dereito!!!

mércores, 16 de novembro de 2022

COMEZAN OS FALADOIROS NO MUÍÑO

 Hoxe reinaguramos de novo a actividade

 "FALADOIROS NO MUÍÑO".

Neste FALADOIRO Nº 1: 

APRENDENDO CIENCIA CON IRENE

Neste mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 6º de Ed. Infantil, realizaron o experimento "Carreira de cores", para explicar a capilaridade e viron varios seres vivos como un cabaliño do demo, un sapo, polilla de calavera, un escorpión, unha abella, a camisa dunha serpe, varios niños de paxaros e o cráneo dunha ave mariña.

Moitas grazas a Irene pola súa colaboración!!!

preme na imaxe




martes, 15 de novembro de 2022

As nenas e nenos do Consello sectorial de Ames participan no X Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-Unicef

 O Parlamento de Galicia acolleu este mediodía a décima edición do foro infantil organizado coa colaboración de Unicef, contemplado expresamente no Pacto Galego pola Infancia rubricado polos grupos que integran a Cámara autonómica. En dito foro participaron nenas e nenos do Consello sectorial de Ames xunto con representantes dos consellos locais de participación infantil e adolescente de Moeche, Teo, Viveiro, Moaña, Ponteareas, Tomiño, Redondela, Nigrán, Castrelo de Miño, Cabanas e Burela. Xunto ás nenas e nenos de Ames acudiron a concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, e mailo técnico da Oficina de Voluntariado de Ames, Rubén Ramos. A saúde mental e a non discriminación das nenas e nenos foi un dos aspectos abordados polos consellos locais de participación infantil e adolescente.

En representación do Consello sectorial de Ames a voceira foi Xiana Pousa Pazos. Xunto á Xiana estiveron sentadas/os no escanos do Parlamento de Galicia do noso centro:  Antón Oliveira Varela, , mentres que de público asistiron Helena Guillén Gil e Nerea Brión Arufe. 

Propostas das nenas e nenos de Ames

A voceira do Consello sectorial de Ames, Xiana Pousa Pazos, foi a encargada de poñer voz ás propostas de todos os seus compañeiros e compañeiras. Deste xeito, propuxo non consumir substancias tóxicas (coma o tabaco, alcol ou outras drogas) tanto nas casas, coma nos centros educativos e, en xeral, en toda a comunidade de Ames; e que nos anuncios e cartaces de Ames se amose a diversidade de corpos e persoas para que as nenas, nenos e adolescentes poidamos crecer nunha sociedade máis respectuosa, empática, e tolerante coa diversidade.

Tamén solicitou loitar contra aqueles modelos de comportamento que, trasladados dende diferentes medios de comunicación, amosan exemplos de irresponsabilidade e falta de respecto cara outras persoas, con modos de participar erróneos, termos malsoantes, e outros xestos incorrectos que as persoas poden acoller como modelo e chocan contra o interese das nenas e nenos do FoPIA de construír unha sociedade máis empática, respectuosa, e educada; e seguir apostando pola programación de actividades para a poboación infantil e adolescente de Ames.

Por último, propuxo crear un espazo para nós, para socializar e realizar outras actividades que nós solicitemos, como por exemplo charlas que nos interesen, ou outras; e que as nenas, nenos e adolescentes teñamos acceso en Ames a unha persoa psicóloga que nos axude a coidar a nosa saúde mental. Ademais, que esa persoa psicóloga sexa accesible a toda a infancia e adolescencia independentemente da condición de cada familia coidadora ou persoa.

A presidenta de Unicef Comité Galicia, Myriam Garabito, destacou da intervención de Xiana a mención que fixo ás palabras respecto, igualdade e educación para que se puidesen converter nunha realidade.

A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, destacou “a calidade e a claridade das propostas formuladas polos voceiros e voceiras dos Consellos representados”. Tamén puxo en valor “o gran traballo feito polos nosos nenos e nenas que demostran día a día e sesión a sesión a súa capacidade de traballo, a madurez das súas ideas e iniciativas, as leccións que nos dan en participación e democracia e máis se temos en conta que os nosos son nenos e nenas de primaria. Eles son o futuro e o futuro promete”.

preme na imaxe



sábado, 12 de novembro de 2022

MAGOSTO 22

 Boas! Onte o alumnado do cole disfrutou dunha festeira xornada de castañas e música. Pasárono xenial!!! Grazas á ANPA pola colaboración. Pasárono moi ben bailando rock co concerto de "A  CASA DO ROCK".

-


mércores, 9 de novembro de 2022

EXPERIMENTO 1º A

 EXPERIMENTO: "IMPRESIÓNS DIXITAIS"

O alumnado de 1º A, realizou este experimento comezando por explorar cos seus sentidos.

Ninguén no mundo ten unhas impresións dixitais como as túas. Somos máis de 7.000 millóns de persoas no mundo. Mais aínda que tiveras un xemelgo ou xemelga, non tería unhas impresións dixitais como as túas.

preme na imaxe





martes, 8 de novembro de 2022

FORMACIÓN: DISCIPLINA POSITIVA

 Onte, o claustro do noso centro asistiu a formación de "DISCIPLINA POSITIVA" na biblioteca da man de 

Lara Arribas e Eva Muñoz.

Déronnos varias ferramentas moi valiosas para o día a día co noso alumnado. 

Estivo moi interesante e abriunos unha nova mirada na nosa labor docente.

preme na imaxe



venres, 4 de novembro de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas  2022


"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." José Tubío
 
Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de  MANIFESTO, de José Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC. Desde 2016 dirixe eogrupo de investigación Xenomas e enfermidade do CiMUS. En maio de 2022 recibíu o Premio Internacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal na modalidade de talentos emerxentes pola "súa contribución en varios dos descubrimentos máis importantes no campo da xenómica do cancro". 
 
O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.


Durante o mes, a ciencia será a protagonista e encheremos a nosa Agrobiblio de ciencia e "pequecientíficxs" de todas as idades.


Como o curso pasado, dispoñemos en Agrobiblio da "Maleta de primeiros experimentos de ciencia Snacklab" do CAFI.


xoves, 3 de novembro de 2022

TEMOS NOVOS XOGOS

 Nesta ocasión, presentamos os novos xogos que temos na biblioteca. 

Así que achégate a Agrobiblio nos recreos!!!


AS NOSAS CABAZAS DE SAMAÍN

 Este curso, en colaboración coas familias realizamos unha gran exposición de cabazas.

Este foi o resultado!!!


XA QUE O LEMA DESTE CURSO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES É  "ESCRIBIR A BIBLII OTECA"  na festa pola tarde realizouse un conto colaborativo de samaín entre as familias que acudiron a festa!!! 

se queres saber como é...preme na imaxe


A CONTINUACIÓN, PODEDES VER ALGÚNS EXEMPLOS DOS TRABALLOS REALIZADOS NAS DISTINTAS AULAS POLO SAMAÍN!!!




mércores, 2 de novembro de 2022

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

 O pasado venres 28 de outubro, iniciaron as viaxes das mochilas viaxeiras!!!

Este curso, unha vez mais, todo o centro desfrutaráas nas súas casas e , o mais importante de todo, compartirémolas coas familias.

Nas diferentes mochilas, os contidos escollidos fan referencia á temática do noso proxecto e mais temáticas, sendo seleccionados en colaboración co equipo de biblioteca e os propios titores e titoras adaptándose o máximo posible á idade, intereses e características dos nenos e nenas.

Preme na imaxe para ver como foi!!!



martes, 25 de outubro de 2022

ENREGUÉIFATE!!!

 Hoxe o noso alumnado de 6º realizou un obradoiro de regueifas, en colaboración co  Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dentro do programa:


Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.

Damos as grazas aos formadores Lupe Blanco e Cristian de Burela, porque sentímonos como verdadeiros regueifeiros e regueifeiras.

preme na imaxe para velo





luns, 24 de outubro de 2022

MATERIAIS SAMAÍN 2022

Mirade ben ao voso redor...achégase a noite máis arrepiante e terrorífica do ano cando as ánimas e demais criaturas do máis alá voltan ao mundo dos vivos...

Xa está aquí O SAMAÍN!!!

Aquí tes os nosos materias

Nota para a Festa



Día das Bibliotecas Escolares

 Reabrimos a nosa Agrobiblio !!!

Hoxe é o Día das bibliotecas escolares.

Leopoldo está a realizar unha gran viaxe e que mellor maneira que visitar as distintas bibliotecas que hai no mundo.

"ESCRIBIR a biblioteca" é importante como caderno de viaxe da nosa aprendizaxe e a BiblioTecuida, como protectora, fogar ou refuxio nalgúns países.

Imos coñecer eses lugares cheos de libros e de moitas historias: 

AS BIBLIOTECAS

xoves, 13 de outubro de 2022

Primeira Reunión

 Xa comezamos a nova andaina cun marabilloso equipo de BIBLIOAXUDANTES.  e hoxe tivemos a primeira reunión do curso 22/23.

Nesta reunión abordamos clasificación e organización dos fondos da biblio, organización e tarefas do equipo, programa Radio na biblio e recollemos tamén a súa voz.

Comezarán o luns para ir preparando diversas actividades.

Moitas grazas a todos pola vosa participación.

preme na imaxe


GUÍA






venres, 7 de outubro de 2022

Sorteo Biblioaxudantes

 Coa posta en marcha da Agrobiblio, faltábannos, os BIBLIOAXUDANTES.

Fixemos a petición ao alumnado de 6º, de forma voluntaria, e foron convocados a unha reunión para realizar o sorteo.

Grazas por participar!!!

preme na imaxe



luns, 3 de outubro de 2022

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR

 A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.


 

 
A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
 
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para  estimular a creación.
 
Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.

venres, 30 de setembro de 2022

Despedida

 Hoxe é un día moi emotivo para os que levamos tempo no Agro. Despedimos á nosa compañeira Isabel Villar.

Foi moitos anos a nosa bibliotecaria rexistrando os fondos bibliográficos e facéndolle a nenos e profes os carnets de usuarios. Moitos nenos de Ames débenlle a Isabel a súa iniciación como usuarios dunha biblioteca, da nosa biblio, e polo tanto como potenciais lectores. Ese xa é un logro. Tamén a súa labor como mestra e a súa valía como compañeira.

Moita sorte nesta nova etapa da vida. O Agro sempre estará aberto para ti! Sorte Isa! 

Apertas grandes de todo o claustro de Agro e de Leopoldo!!!




mércores, 28 de setembro de 2022

Arrancamos!!!

 Rematamos o mes de setembro facendo a formación de usuarios tanto do profesorado como do alumnado para poder desfrutar este curso da nosa bilioteca que trae moitas novidades!!!

preme na imaxe


Ademais, buscamos biblioaxudantes:




luns, 19 de setembro de 2022

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

 Benvid@s a este novo curso que estará cargado de moitos bos momentos e lembrade que:

"Cada vez que abres un libro...

pasas polo mundo abrindo fiestras á imaxinación, coñecementos, sentimentos, emocións, fantasía... todo o que queirades soñar".

Este curso 2022-2023, Leopoldo acompañaranos ollando por esa fiestra aberta ao mundo....

Abróchen os cinturóns... que Comezamos!!!

Boa viaxe!!!



martes, 21 de xuño de 2022

Recomendacións lectoras do verán!

 Xa están aquí as recomendacións lectoras de verán!

Desfrutádeas!

Bo verán!

luns, 20 de xuño de 2022

Visita á Radio Agroonda polo alumnado de 4º anos B

 O alumnado de 5º  B de Ed. Infantil, tamén se estreou na radio, contándonos "Rata linda de Compostela". é un clásico do noso itinerario lector co que traballamos ao longo do segundo e terceiro trimestre. Gravalo e escoitalo fíxolles moita ilusión, a ver se a vós tamén vos gusta.

preme na imaxe




venres, 17 de xuño de 2022

Visita á Radio Agroonda polo alumnado de 2º C

 O alumnado de 2º C estreouse na radio cunha entrevista ao artista Manolo Boquete, pai do seu compañeiro Gael. Fixéronlle preguntas moi interesantes e quedaron sorprendidos/as con todo o que lles contou. Estaban nerviosos/as e moi emocionados/as!

Grazas Manolo por esta experiencia tan xenial en Agroonda!!

Grazas Iria por ser unha gran técnica de son!!

preme na imaxe




venres, 10 de xuño de 2022

Visita á Radio Agroonda polo alumnado 5º C

 Recibimos a visita do alumnado de 5º C na nosa Radio Agroonda cun programa "Natureza Misteriosa". Neste programa poderemos descubrir curiosidades sobre a natureza e o mundo que nos rodea. Nesta ocasión buscaron se existe algún animal inmortal entre outros misterios.




luns, 6 de xuño de 2022

Visita á Radio Agroonda polo alumnado de 5º A

 O alumnado de 5º A estivo traballando ao longo do curso as lendas. Como estamos co tema do Camiño e encadrado no PDI de centro "Pasiño a pasiño facemos o camiño II", recollemos lendas relacionadas cos lugares por onde pasan os peregrinos de camiño a Compostela. Cada neno/a traballou unha. Esta é unha mostra de 5 das que se recolleron!!!!

preme na imaxe




xoves, 2 de xuño de 2022

FALADOIROS NO MUÍÑO

 Aquí tedes os"Faladoiros no Muíño" deste curso e tanto o Equipo da biblioteca como o profesorado queríamos dar as grazas  ás familias pola vosa colaboración.

Moitas grazas!!!

Esperámosvos o curso que vén con outras inquedanzas!!!















mércores, 1 de xuño de 2022

PEREGRINO ITINERARIO LECTOR II

 Para  conseguir os obxectivos do 

Proxecto  Lector do Centro, todos os cursos  elaboramos un Plan de Lectura anclado en tres eixes principais:

 Programación de bibiblioteca escolar
 Itinerario lector 
 Proxecto interdisciplinar de centro

Tendo en conta o noso itinerario lector elaboráronse os seguintes traballos:

preme na imaxe



Traballos producidos dentro do Proxecto:" Pasiño a pasiño facemos o camiño II"

 Xa estamos a piques de rematar o curso, así que tamén pechamos a biblio por vacacións.

Hoxe, queríamos facerlle unha homenaxe  aos verdadeiros protagonistas deste Pasiño a pasiño facemos o camiño II.

Aquí tedes algúns exemplos dos traballos producidos dentro do noso PDI, neste curso tan diferente, pero con moitas gañas de aprender e compartir.

preme na imaxe





martes, 31 de maio de 2022

FALADOIROS NO MUÍÑO 8

 Hoxe visitounos Santi, o pai de Mateo e Pedro, e contounos o "Peixe arcoiris". E logo fixemos o mar nunha pequena botella!!!

Encantounos o conto e a actividade!!!

preme na imaxe



luns, 30 de maio de 2022

Dúas futuras escritoras!!!

No noso colexio temos dúas futuras escritoras polo que lles damos os nosos parabéns a Xiana Pousa Pazos, de 5º A por acadar o primeiro premio no II Certame literario de Territorio Vákner convocado polo Concello de Dumbría e tamén a Uxía Busto Domínguez, de 3º A, polo primeiro premio de Poesía do Certame das Letras Gazafellas de Negreira.

Noraboa e a seguir colleitando moitos máis gozando coa escritura.