Amosando publicacións coa etiqueta BOCADIÑOS DE PALABRAS (Bocadiños Solidarios). Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BOCADIÑOS DE PALABRAS (Bocadiños Solidarios). Amosar todas as publicacións

martes, 16 de decembro de 2014

BO NADAL CON BOCADIÑOS SOLIDARIOS

O equipo de Actividades Complementarias do Centro, Normalización Lingüística, Biblioteca Escolar E ANPA  organizaron a campaña BOCADIÑOS SOLIDARIOS. Tratábase de concienzar ao alumnado sobre o valor da SOLIDARIEDADE. Fixemos un concurso de lemas solidarios, e realizouse unha campaña entre toda a Comunidade Educativa de recollida de alimentos  no Centro, que serán  xestionados para o seu reparto  por diferentes organizacións sociais do noso Concello. Desexamos que este Nadal compartido faga máis levadeira a situación económica pola que atravesan moitas familias.