O equipo de Actividades Complementarias do Centro, Normalización Lingüística, Biblioteca Escolar E ANPA organizaron a campaña BOCADIÑOS SOLIDARIOS. Tratábase de concienzar ao alumnado sobre o valor da SOLIDARIEDADE. Fixemos un concurso de lemas solidarios, e realizouse unha campaña entre toda a Comunidade Educativa de recollida de alimentos no Centro, que serán xestionados para o seu reparto por diferentes organizacións sociais do noso Concello. Desexamos que este Nadal compartido faga máis levadeira a situación económica pola que atravesan moitas familias.