martes, 26 de xuño de 2018

MEMORIA FOTOGRÁFICA XOGOS DE AQUÍ E DE ACOLÁ

PRESENTAMOS A RECOMPILACIÓN FOTOGRÁFICA DO PROXECTO

XOGOS DE AQUÍ E DE ACOLÁ, 

CORRESPONDENTE AO CURSO 2017-18

DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA QUEREMOS AGRADECER ÁS FAMILIAS A SÚA IMPLICACIÓN, AO ALUMNADO O SEU ENTUSIASMO, AO PROFESORADO O SEU TRABALLO COLABORATIVO E A ANA ,COORDINADORA DA BIBLIOTECA , O SEU TRABALLO, A SÚA CAPACIDADE DE ORGANIZACIÓN E O SEU ESFORZO PARA LEVALO A CABO.

DESEXÁMOSVOS A TODOS UN BO VERÁN

luns, 25 de xuño de 2018

TRÍPTICO PARA FAMILIAS APRENDER A RESPECTAR AS NORMAS DO XOGO

PUBLICAMOS O TRÍPTICO PARA FAMILIAS ELABORADO POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACION SOBRE
  APRENDER A RESPECTAR AS NORMAS DO XOGO 


luns, 11 de xuño de 2018

GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN 2018

ELIXE LIBRO E PREPÁRATE PARA VIAXAR

POÑEMOS EN COÑECEMENTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA QUE A REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES VEN DE PUBLICAR A GUÍA DE LECTURA DE VERÁN 2018.COMO BEN DI O LEMA PREPARÉMONOS PARA MERGULLARNOS NESTA VIAXE DE AVENTURAS, QUE NOS BRINDA A LECTURA NESTA ÉPOCA ESTIVAL

 

domingo, 10 de xuño de 2018

BOLETÍN Nº2 DE BIBLIOTECAS DA CONTORNA DE AMES

PUBLICAMOS O SEGUNDO NÚMERO DO BOLETÍN DE BIBLIOTECAS DA CONTORNA DE AMES, QUE RECOLLE AS DIFERENTES EXPERIENCIAS E PROXECTOS LEVADOS A CABO AO LONGO DO CURSO NOS CENTROS EDUCATIVOS DO NOSO CONCELLO, QUE FORON COORDINADOS DESDE A BIBLIOTECA ESCOLAR

venres, 8 de xuño de 2018

COMPARTIMOS LECTURAS CON PAULA CARBALLEIRA E MARÍA CANOSA

MARÍA CANOSA





 MARÍA CANOSA COMPARTIU UNHA XORNADA LITERARIA CO ALUMNADO DE 2º E 3º DE PRIMARIA PARA FALAR E ESCOITAR AOS NENOS/AS SOBRE AS EXPERIENCIAS E PREGUNTAS  XURDIDAS ARREDOR DO SEU LIBRO RUBICUNDO.





Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro
 que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos.




 PAULA CARBALLEIRA


 POLA SÚA BANDA PAULA CARBALLEIRA REALIZOU UNHA SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA   SOBRE O LIBRO BRUXA E FAMILIA QUE PREVIAMENTE  LERA NAS AULAS O ALUMNADO DE 3º E 5º DE ED. PRIMARIA

domingo, 3 de xuño de 2018

ANXO MOURE E A ECOLOXÍA


ANXO MOURE DELEITOU AOS PEQUECHOS DE ED.INFANTIL. QUE O SEGUÍAN ATENTAMENTE, COAS SÚAS CONTADAS SOBRE ECOLOXÍA E MEDIO-AMBIENTE. 


ANIMOU AOS NENOS/AS A INTERVIR NUN PEQUENO OBRADOIRO DE RECICLAXE  PARA CONSTRUIR CON PAPEL RECICLADO UN CORAZÓN, SÍMBOLO DO AMOR POLA NATUREZA. 


FALOULLE DA IMPORTANCIA DE CONSERVAR, QUERER E VALORAR O MEDIO NATURAL E DOS PERIGOS E DESTRUCCIÓN QUE PODEN CAUSAR OS INCENDIOS.