Hoxe o noso alumnado de 6º realizou un obradoiro de regueifas, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dentro do programa:
Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de
Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión
da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á
promoción do uso da lingua galega.
Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen
realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do
ámbito cultural e do ensino.
O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre
en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de
regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas
para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de
regueifa.
Damos as grazas aos formadores Lupe Blanco e Cristian de Burela, porque sentímonos como verdadeiros regueifeiros e regueifeiras.