63 anos despois da súa proclamación,
segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de
decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos
Dereitos Humanos.
Necesario porque nin
tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade
de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor,
asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe
pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten
prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que
medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información,
da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos
coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e
de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha
biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño
do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para
acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro
idioma.
E con esa
candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares
Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado
para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas,
toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area,
queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as
nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher , cos lectores e lectoras das súas bibliotecas
a crenza firme nos Dereitos Humanos , dende o seu 1º artigo: "Tod@s
nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O
bubisher
(Oenanthe
leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí
chamámoslle collalba
negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa
sorte, no dialecto hassaní é Bubchir
بوبشير (o
da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a
herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que
circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio...
pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á
iniciativa de Álbumes para o Bubisher,
só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)