martes, 24 de xuño de 2014

MEMORIA FOTOGRÁFICA RIADA DE LIBROS

E xa no remate non queda máis que darvos as grazas a toda a Comunidade Educativa pola vosa implicación ao longo de todo o curso no Proxecto RIADA DE LIBROS. Todas as actividades feitas con ilusión, cariño e a participación activa de alumnado, profesorado, pais e nais de alumnos/as, Concello e outros organismos...teñen como premio a fachenda do traballo ben feito. Dende o Equipo de Biblioteca moitas grazas a todos e todas.

MEMORIA FOTOGRÁFICA RIADA DE LIBROS


luns, 23 de xuño de 2014

MAQUETA DO RÍO SAR

Este proxecto foi realizado por todo o alumnado do Centro dende 3 anos ata 6º de Ed Primaria. Realizouse en colaboración co proxecto Voz Natura e co Concello de Ames na Aula da Natureza. Amosamos un video no que explicamos os pasos que se foron dando para a elaboración total da maqueta. Comezouna o alumnado de 6º de primaria que fixo un estudo do perfil do río, dos mapas, realizou a escala e proxectou toda a base. Logo os demais cursos foron facendo o relevo, as casas, as árbores e  pintárona. No remate final foi o alumnado de Ed Infantil o encargado de facer as decoracións para a súa exposición nos corredores do Centro. Esta actividade tivo un grao de valoración moi alto por parte do alumnado e implicáronse moito na súa elaboración. Damos as grazas a Patricia, técnico do Concello de Ames pola súa valiosa axuda e polo súa implicación nesta tarefa.


                 

domingo, 22 de xuño de 2014

GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN 2014

Qué mellor maneira de disfrutar das vacacións mergullándonos na lectura dun libro co son da auga e os aloumiños da caloriña na pel?????

   Anímate e déixate querer por algunha destas recomendacións lectoras.

domingo, 8 de xuño de 2014

VISITA LIBRARÍA COUCEIRO

O alumnado de 2º ciclo realizou unha visita á LIBRARÍA COUCEIRO. Foi unha estupenda experiencia, seleccionaron libros, colléronos dos andeis, leron e comentaron...posteriormente asistiron a un taller de encadernación no que lle explicaron as técnicas da encadernación, os instrumentos utilizados, o material das cubertas e tapas, o cosido... Finalmente asistiron á presentación do libro O NENO E A ESTRELA . Toda a xornada foi de expectativa e emoción. Grazas libreiros por abrirnos as vosas portas e darnos a posibilidade de colarnos no voso recuncho lector.

 VISITA LIBRARÍA COUCEIRO on PhotoPeach