AS AULAS TRANSFORMÁRONSE EN ESPAZOS DE XOGOS. FOI UNHA FERMOSA EXPERIENCIA COMPARTIR COS NOSOS MAIORES, PAIS, AVÓS E ATA BISAVÓS OS XOGOS DA SÚA INFANCIA, MOITOS DELES DESCOÑECIDOS PARA NÓS.
APRENDÉRONOS A XOGALOS, AS NORMAS DOS XOGOS E A DISFRUTALOS COMPARTINDO FERMOSOS MOMENTOS.AS BOLAS,AS TABAS, A ESTORNELA, O GUA, OVO,PICO,ARAÑA... AMOSÁRONSE NAS AULAS E NO PATIO.
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR ENSINARNOS TANTOS XOGOS PROPIOS DA SÚA NENEZ E DA NOSA TRADICIÓN CULTURAL.