O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e a Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidad, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Cada ano son máis as institucións que se suman á celebración do DÍA DE ROSALÍA, entre elas as bibliotecas escolares promovendo actividades que achegan ao alumnado a súa vida e obra. Traballos de investigación, lecturas compartidas, roteiros, actividades plásticas e creativas, programas de radio, proxectos multimedia... son algunhas das propostas que nestes días salientan a modernidade e actualidade do seu pensamento.
martes, 23 de febreiro de 2021
24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALIA DE CASTRO
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2021, baixo o lema Teus doces cantares, a celebrar este día co agasallo dun libro en galego e unha flor ás amizades e persoas queridas. Publica un manifesto na voz de Anna R. Figueiredo e propón múltiples actividades ás que se poden sumar os centros educativos. Unha proposta para traballar o compromiso da nosa poeta a través dos seus doces cantares.
Temos unhas actividade para compartir este día convosco:
1) Poemas cantados:
2) Quebracabezas
venres, 12 de febreiro de 2021
DIA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Vídeo colaborativo adicado ao día internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Mulleres e nenas de Ames colaboraron para difundir o papel da muller na ciencia.
mércores, 3 de febreiro de 2021
luns, 1 de febreiro de 2021
VÍDEOS SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO
Nesta selección atoparedes moita información sobre
"O CAMIÑO DE SANTIAGO"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)