sábado, 10 de decembro de 2011

10 DECEMBRO.DÍA DOS DEREITOS HUMANOS


63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)
Habilitar lector de pantalla

venres, 9 de decembro de 2011

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2011

ESTES SON OS TÍTULOS DOS LIBROS SUXERIDOS AO EQUIPO DE BIBLIOTECA POLOS MEMBROS DOS DIFERENTES CICLOS, EQUIPOS E DEPARTAMENTOS PARA A GUÍA DE LIBROS NADAL 2011. A PRESENTACIÓN PARA OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA ESTA FEITA  NUN LIBRIÑO FEITO NA METADE DUNHA CARTULINA DIN A4.  
¡QUE GOZADA PODER DISFRUTAR DELES NA QUENTURIÑA DA FAMILIA!

mércores, 7 de decembro de 2011

ESTUDAMOS AS PLANTAS

ACTIVIDADE LIM PENSADA PARA OS NENOS E NENAS DE 1º CICLO DE PRIMARIA`PARA O ESTUDO DAS PLANTAS.



TAMEN PODES INVESTIGAR A TRAVES DE ESTA WEBQUEST  OU  VENDO A SEGUINTE INFORMACIÓN

mércores, 30 de novembro de 2011

CULTURGAL 2011

Para darse un paseiño por Pontevedra os días 2,3 e 4 e disfrutar en Culturgal. Culturgal é unha oportunidade única para poñerte ao día... e pasalo ben. Tres días de actividade sen tregua para os públicos máis variados. Se queres ver o programa de actividades preme AQUÍ

mércores, 16 de novembro de 2011

BIBLIOTECAS ESCOLARES EN TRÁNSITO

Vídeo presentado no Congreso de Bibliotecas escolares en Tránsito , celebrado en Santiago os días 10, 11 e 12 de novembro e publicado na Páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Foi realizado en diferentes bibliotecas que forman parte do PLAMBE 

luns, 14 de novembro de 2011

BARULLO DE LETRAS NO MAGOSTO


FOI ENTRETIDO BUSCAR NO BARULLO DE LETRAS AS PALABRAS QUE CONTIÑA E QUE ESTABAN RELACIONADAS CO MAGOSTO. BEN ACONSELLOU A CASTIÑEIRA: SE CASTAÑAS QUERES COMER O BARULLO DE LETRAS TES QUE FACER

xoves, 3 de novembro de 2011

PUBLICACIÓN DOS TRABALLOS DO SAMAÍN

ESTA É UNHA MOSTRA DOS TRABALLOS PROPOSTOS POLA BIBLIOTECA E  FEITOS POLOS NENOS E NENAS DE VARIOS CURSOS.
NORABOA

E A SEGUIR ASÍ!!!!!

luns, 31 de outubro de 2011

O SAMAÍN (EXPOSICIÓN DE CABAZAS)


FOI IMPRESIONANTE A BOA ACOLLIDA QUE TIVO A SUXESTIÓN DE TALLAR CABAZAS PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN NO COLE.SUXERIAMOS QUE A REALIZACIÓN PLÁSTICA XIRASE EN TORNO AO PROXECTO:"CONVIVINDO ENTRE LIBROS E PLANTAS" FANTÁSTICA CREATIVIDADE E COLABORACIÓN DAS FAMILIAS

mércores, 26 de outubro de 2011

A BIBLIOTECA SAE AO CORREDOR

QUE MELLOR QUE EXPOÑER OS LIBROS NO CORREDOR DA ENTRADA DO COLE. DISFRUTAMOS TODOS E ADEMAIS DÁMOLOS A COÑECER. NESTA OCASIÓN FOI O SAMAÍN O QUE FIXO QUE SAIRAN A DAR UN PASEIÑO.

luns, 24 de outubro de 2011

FORMACIÓN DE USUARIOS

Coincidindo coa celebración do día das " BIBLIOTECAS ESCOLARES" o alumnado de Ed. Infantil e Primaria baixou á biblio.Alí os membros do equipo da biblioteca e os alumnos-as colaboradores fixeron FORMACIÓN DE USUARIOS e como non, aproveitaron para contar algún contiño aos máis pequenos

venres, 21 de outubro de 2011

Mochilas Viaxeiras 2011

XA ESTÁN DE NOVO DE PASEO!!!!!! OUTRO NOVO ANO SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS Á RÚA CARA AS CASAS DAS NENAS E NENOS. NOVAS EXPERENCIAS E MOITAS GAÑAS DE LER PARA ESTE NOVO CURSO .AGARDAMOS QUE TEÑA TAN BOA ACOLLIDA COMA AS OUTRAS VECES ENTRE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. VEMOS UNHA MOSTRA DO CADERNO QUE DIRIXIMOS ÁS FAMILIAS DENTRO DAS MOCHILAS.





venres, 14 de outubro de 2011

PARA INVESTIGAR SOBRE A CABAZA

PROPOÑEMOS ESTE PEQUENO TRABALLO AO ALUMNADO DE 2º,3º E 4º DE ED. PRIMARIA PARA QUE O REALICEDES E O EXPOÑADES NOS CORREDORES DO COLE E NA PROPIA AULA.
ÁNIMO QUE É MOI FACILIÑO. BO SAMAÍN

martes, 11 de outubro de 2011

INVESTIGAMOS A CABAZA

ESTE TRABALLO DO PROXECTO "CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS" VAI DIRIXIDO A ALUMNADO DE 3º CICLO. TRÁTASE DE QUE INVESTIGUEDES SOBRE A CABAZA, A TRAVÉS DAS PÁXINAS WEB INDICADAS. XA SABEDES QUE É A PROTAGONISTA DA FESTA DO SAMAÍN . ISTO É UN RETO, FÁCIL E DIVERTIDO.
ESCRIBIDE NO BLOG QUÉ TAL VOS FOI . ESTAREMOS ENCANTADAS DE EXPOÑER OS VOSOS TRABALLOS NOS CORREDORES DO COLE
BO SAMAÍN !!!


martes, 4 de outubro de 2011

PROGRAMA TRIMESTRAL BIBLIO DO CONCELLO

Ola amiguiños :


Aproveitamos para presentarvos a todos o programa de actividades e contacontos do Concello de Ames para este trimestre . ANIMÁDEVOS , está moi chuli .

martes, 27 de setembro de 2011

O OUTONO

VAN CHEGANDO AIRES DE OUTONO Á NOSA BIBLIO. OFRECÉMOSVOS UNHA POESÍA FERMOSÍSIMA DE ANA Mª FERNÁNDEZ.

VÉN ONDA NÓS O OUTONO

DACABALO DO AIRE;

NOS CAMIÑOS DA FRAGA

OS OURIZOS XA ABREN


SÍNTOO CHEGAR CONTENTO

DA ETERNA VIAXE

ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS

ESTREANDO FRIAXE

RECOMENDÁMOSVOS A SÚA LECTURA

mércores, 14 de setembro de 2011

CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS




Presentamos ao alumnado o novo PROXECTO da nosa BIBLIO:"CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS" , para este curso e que mellor cousa que preparar as aulas para darlle a BENVIDA como se merece

Dende o equipo de biblioteca desexamos a todos/as un animoso curso, que non é pouco para os tempos que corren.

luns, 12 de setembro de 2011

UN BOSQUE DE NORMAS




Nas aulas de 1º deseñaron un bosque de frondosas normas. E ademais teñen un segredo : cada norma é un poema .Traballamos encantados á sombriña destas árbores.

luns, 27 de xuño de 2011

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Chegou o verán e que mellor que ler un libro á sombriña. Todo e posible: pasear, xogar, darse uns bos chapuzóns... e soñar. O mundo do maxín, mesturado coa realidade a través das páxinas dun libro. A DISFRUTALOS!!!!!!!!!!!!!!!!




domingo, 19 de xuño de 2011

MEMORIA FOTOGRÁFICA CURSO 2010-2011

ESTA É UNHA MOSTRA FOTOGRÁFICA DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO POR TODO O PROFESORADO NO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO, DENTRO DO PROXECTO INTERDISCIPLINAR : "CONTOS,CANTOS E LENDAS NO CAMIÑO".

xoves, 16 de xuño de 2011

A NOSA BIBLIO

ESTAMOS ENCANTADAS COA NOSA NOVA BIBLIO. XA VAI COLLENDO XEITO. ESTA É UNHA MOSTRA DOS NOVOS RECUNCHOS. ¡QUE CHULIS!







martes, 14 de xuño de 2011

LIBROS QUE DEIXAN PEGADA

...E así deixaron pegada os libros recomendados polo noso alumnado e que ían deixando no mural dos CAMIÑOS .
PRIMEIRO : escriben na pegada o libro recomendado e se o desexan algún dos motivos desta recomendación.


LOGO as van pegando nos diferentes camiños que levan a Santiago. Da gusto ver como se vai enchendo o mural e como os libros van deixado PEGADAS NOS LECTORES














luns, 13 de xuño de 2011

CREDENCIAL DO ALUMNADO PEREGRINO

A modo de xogo e para promover a participación do alumnado nas actividades propostas pola BIBLIO fixemos esta credencial do peregrino. Cada vez que o alumno/a participaba nunha das actividades propostas selábamos unha etapa concluida do Camiño.¡OLLO que ao final haberá premio, pero haberá que chegar con todo selado!


domingo, 12 de xuño de 2011

PROXECTO POESÍA


Durante todo o segundo trimestre todo o centro traballo no PROXECTO POESÍA.
Dende O EQUIPO DE BIBLIOTECA elaboráronse unha serie de propostas tendo como base a idea de CAMIÑO. O resultado do traballo plasmouse plásticamente nunha exposición .

sábado, 11 de xuño de 2011

PROXECTO POESÍA

Durante a semana da poesía o alumnado recitou entre si os poemas traballados. Esta é unha pequena mostra do noso traballo. Os protagonistas forn neste caso o alumnado de Ed. Infantil 5 anos e de 2º de Primaria

mércores, 1 de xuño de 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS



Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:


A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.


Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.


Colectivo das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE

mércores, 25 de maio de 2011

martes, 24 de maio de 2011

LETRAS GALEGAS

Dende a biblio do cole ofrecemos para que visionedes estes 2 vídeos sobre a nosa lingua.
A que da gañas xa de comezar a falala???? ¡ADIANTE AMIGUIÑOS, A MOVE-LA LINGUA!





xoves, 19 de maio de 2011

SALVANDO LIBROS


SALVANDO LIBROS



Que libro salvarías ti?



Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.



Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.



Maio 2011



Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.

Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí

e algunhas das interesantes cousas que fai aqui



e tamén aquí….



Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade


salvandogrande










4


Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.


Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.

Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.


A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.


Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil

















Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria
















Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura















ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES




martes, 10 de maio de 2011

OS PITUFOS EN AGRO DO MUÍÑO

OS PITUFOS APARECERON NO NOSO COLE DA MAN DO ALUMNADO DE 3º CURSO PARA TRABALLAR O MEDIO-AMBIENTE. BENVIDOS, E GRAZAS POLA VOSA AXUDA NA DEFENSA E CONSERVACIÓN DO MEDIO




luns, 25 de abril de 2011

MULLERES QUE MARCARON CAMIÑO



Mulleres que van sementando o seu bo facer ao longo da Historia. Mulleres mudas sen querer selo que espallan o seu sentir e saber. Mulleres que fixeron e fan camiño. Investigade, lede, resumide e contade, que nos enteremos todos/as. Nenos e nenas de 5º e 6º grazas por sabérnolo contar e dicir.



domingo, 24 de abril de 2011

COMPARTINDO BIBLIO NA FORMACIÓN DE USUARIOS

Na biblioteca do Concello de Ames os nenos e nenas do cole fixemos actividades de Formación de Usuarios. Primeiro ensináronnos o funcionamento da biblio da CASA DE CULTURA de Bertamiráns e as normas de préstamo. Logo fixemos actividades de normas de uso da biblioteca e finalmente catalogamos algúns libros atendendo á C.D.U e ao código de cores. Logo contáronnos o conto ."A QUE SABE A LÚA". ENCANTOUNOS.




mércores, 20 de abril de 2011

MOCHILA VIAXEIRA









Carta enviada por unha familia despois de que unha alumna de Ed. Infantil levase a MOCHILA VIAXEIRA. ¡QUÉ GRAN ACERTO! PARABÉNS por esta iniciativa que ten unha magnífica acollida en toda a Comunidade Educativa.

luns, 18 de abril de 2011

MULLERES QUE MARCARON CAMIÑO




Mulleres en silencio ao longo da historia. Mulleres que camiñaron aínda querendo ser esquecidas.

Mulleres que fixeron e marcaron camiño en tódolos eidos da vida e da cultura. Mulleres que admiramos e queremos. Mulleres que pese a todo atoparon e fincaron no seu lugar . Delas nos falaron os nosos alumnos de 5º e de 6º , contáronos a todos o que eles sabían despois de consultar en diferentes fontes.

domingo, 17 de abril de 2011

PROXECTO DOCUMENTAL:CONTOS, CANTOS E LENDAS NO CAMIÑO

¿QUERES XOGAR CONNOSCO?



A nosa meiga apareceu no corredor cun novo xogo en forma de barullo de letras. Quere que lle axudemos a atopar as pezas do traxe do peregrino tradicional. Este xogo foi moi divertido e gustounos moito . Inténtao, xa verás que faciliño é .

sábado, 16 de abril de 2011

A PAZ

Durante o mes de xaneiro todo o alumnado do Centro, escolleu un poema a prol da PAZ. Despois de traballala nas aulas, os nenos/as

COMPARTINDO INFORMACIÓN


Un grupo de alumnos de 6º quixo compartir connosco as súas investigacións sobre a CABAZA PEREGRINA . Noraboa, rapaces

venres, 15 de abril de 2011

XOGO DAS MEIGAS










Ao noso cole chegaron unhas meigas moi algareiras e travesas que se foron agochando nos corredores. Desexaban que os nenos/as de Ed. Infantil e 1º Ciclo as atopasen. Cada día durante unha semana ían deixando unhas pistas que os nenos/as tiñan que ler, despois irían na súa busca co fin de identificalas e poñerlles nomes. Foi unha actividade moi divertida. Aquí temos unha mostra de dúas das nosas intrusas...Se queres ver os traballos realizados polos nenos/as de Ed. Infantil clica AQUÍ