mércores, 29 de marzo de 2017

MES DO LIBRO SOLIDARIO

ESTIMADAS FAMILIAS:

COMO XA VOS COMUNICAMOS EN CARTA ENVIADA A TRAVÉS DO ALUMNADO DURANTE O MES DE ABRIL, MES DO LIBRO,  REALIZAREMOS MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN SAVE THE CHILDREN.

DEIXÁMOSVOS O ENLACE PARA QUE POIDADES CONSULTAR .
ENLACE: MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIDADE 

LEMBRADE QUE OS MARCAPÁXINAS VOLVERÁN ILUSTRADOS AO COLEXIO DURANTE A SEMANA DO 2 AO 6 DE ABRIL PARA EXPOÑER NOS CORREDORES DO CENTRO.
LOGO LEVARANOS PARA CASA NA VOLTA DE SEMANA SANTA PARA AGASALLAR A QUEN ELES QUEIRAN A CAMBIO DUN DONATIVO QUE IRÁ DESTINADO PARA:

 AXUDAR COS PROGRAMAS DE SUPERVIVENCIA DOS NENOS E NENAS MENORES DE 5 ANOS EN PAÍSES COMO ETIOPÍA, NIGER, BURKINA FASSO, ASEGURANDO O ACCESO A AUGA LIMPA E POTABLE.

martes, 28 de marzo de 2017

ABRIL MES DO LIBRO

A importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan.  


SE CLICAS NA IMAXE ACCEDERAS AO CONTIDO "MEDREMOS CO LIBRO" PUBLICADO NA WEB DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA  


martes, 14 de marzo de 2017

OS NOSOS PODCASTS

Conmemorando a semana da prensa, dende sexto A levamos un tempo traballando e elaborando os nosos propios programas radiofónicos, pois hai moitos tipos de prensa e nós tiñamos e seguimos tendo moito que dicir. Fixemos podcasting!
Un podcast, se non o sabiades, é un arquivo de audio gratuito que pode descargarse e escoitarse nos reproductores electrónicos. Así, nós tratamos diversos temas que puidemos enfocar de moitos xeitos, dende o científico, o informativo, a opinión, o "gamer"...
Esperamos que vos gusten, pois aínda que eramos novatos neste mundillo, fixémolos con moita ilusión.

AQUÍ TEDES O ENLACE A TODOS ELES:

.https://drive.google.com/drive/folders/0B05_EGIbQ6qVQ09fNVZveUVySkk?usp=sharing


Listaxe dos Podcasts:

RADIO GYM
Guion e voces: Bárbara Matos, Uxía Fabeiro, Mencía Balado e Lucía López.
Edición: Álvaro de Soto.

RADIOGAME
Guión e voz: Raúl José Otero
Edición: E.N.

OS PROBLEMAS DO FÚTBOL
Guion e voces: Hugo Benali e Saúl Fernández.
Edición: Daniel Bostan.

O RECREO
Guion e voces: Gabriela Antelo, Irene Fajín, Emma Arias.
Edición: E.N.

INFOROYALE
Guion e voces: Nicolás Riveiro, Antón Blanco, Martín Guerrero e Alberto Barreiro.
Edición: E.N.

COMENTAROYALE
Guion e voces: Daniel Bostan, Juan Cañizo, Álvaro de Soto, André Manso, Oliver Carrasco e Inés Fernández.
Edición: Daniel Bostan

A METAMORFOSE
Guion e voces: Lúa Ardións, Icía Fernández e Martina Amigo.
Edición: Lúa Ardións

xoves, 2 de marzo de 2017

A FORZA CULTURAL DAS MULLERES (MULLER 2017)


Con versos de Federico García Lorca adicados a Maruja Mallo

"Maruja Mallo, entre Verbena y Espantajo toda la belleza del mundo cabe dentro del ojo, sus cuadros son los que he visto pintados con más imaginación, emoción y sensualidad." 

e de RafaleAlberti adicados a Mercedes Ruibal :

Esta es Mercedes Ruibal de la risa,
ésta es Mercedes Ruibal del diablo.
La de la burla con aire de gaita,
la de los cuentos con patas de sátiro.


ADEMAIS DE COA BIOGRAFÍA DESTAS DÚAS MULLERES RELACIONADAS COA ARTE:

Case todos os críticos coinciden en sinalar que Mercedes Ruibal é pintora dun estilo único "dunha linguaxe moi persoal e dun mundo que só a ela lle pertence". 


 DE MARUJA MALLO :"A súa obra é cada vez máis valorada por galeristas e críticos, especialmente a crítica española máis nova, que ve nela a encarnación dunha vangarda ocultada polo franquismo. Tras a morte de Franco chegalle o recoñecemento total; a súa culminación podería establecerse na Medalla de Ouro de Belas Artes, no 1982, e na exposición antolóxica que en 1993 lle dedica, entre unha forte polémica polo inadecuado do momento, o Centro Galego de Arte Contemporánea". 

DECIDIMOS TRABALLAR CO ALUMNADO A SEMANA DA MULLER 

O ALUMNADO DE 2º DE ED PRIMARIA COMPLETOU O MURAL FACENDO UN FERMOSO GUIÑO A LAS SIN SOMBRERO NOME CO QUE SON COÑECIDAS UN GRUPO DE NULLERES PENSADORAS E ARTISTAS ESPAÑOLAS DA XERACIÓN DO 27


 SE DESEXAS MÁIS INFORMACIÓN CLICA NO SEGUINTE ENLACE:
                                MARUJA MALLO E MERCEDES RUIBAL



mércores, 1 de marzo de 2017

ARTE NO ENTROIDO


E PARA CELEBRAR O ENTROIDO COMO SE MERECE, NADA MELLOR QUE REALIZALOS SOBRE O TEMA DO PROXECTO QUE ESTAMOS A TRABALLAR EDUCARTE.

PINTORES COMA MIRÓ, PICASSO, ANDY WARHOL...PALETAS, E RECREACIÓNS DE DIFERENTES CADROS , OS XIRASOIS, O ARLEQUÍN ... DESFILARON POLO NOSO ENTROIDO ARTÍSTICO. ATA VIÑERON OS TURISTAS A VISITAR O NOSO PEQUENO E ENTRAÑABLE DESFILE.