luns, 24 de decembro de 2018

O ALUMNADO DE 5 ANOS ACTUA NO CENTRO DE DÍA "MÁIS VIVIR"

CARAPUCHIÑA VERMELLA E OS SEUS AMIGOS


O ALUMNADO DE 5 ANOS REPRESENTOU NO CENTRO DE DÍA "MÁIS VIVIR" A OBRA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA E OS SEUS AMIGOS.

ASÍ NOLO CONTAN NA ENTRADA DO SEU BLOG AULA VERDE.

PARABÉBNS POR ISTE FERMOSO TRABALLO. 

SE QUERES VELO CLICA NO ENLACE : 

luns, 17 de decembro de 2018

GUÍA DE NADAL 2018. PARA O FRÍO, MANTA E LIBRO.



XUNTAMOS AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL DA REDE DE

BIBLIOTECAS ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES.



domingo, 16 de decembro de 2018

NADAL, FAMILIA E CONTOS

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ELABOROU UNHA GUÍA PARA FAMILIAS  SOBRE A IMPORTANCIA DE LER CONTOS EN FAMILIA E OS BENEFICIOS QUE TEN A LECTURA DE CONTOS NOS NENOS/AS.




domingo, 9 de decembro de 2018

LIBRES QUERÉMONOS



AO LONGO DA SEMANA TRABALLOUSE O TEMA DA VIOLENCIA DE XÉNERO NO CENTRO.

ALGUNHAS AULAS TRABALLÁRONO A TRAVES DE CONTOS, OUTRAS A TRAVÉS DE CURTAS E OUTRAS A TRAVÉS DE CANCIÓNS.

O ALUMNADO DE 5º REALIZOU UN PROXECTO DE TRABALLO SOBRE ESTE TEMA CUNHA TEMPORALIZACIÓN DE MES E MEDIO E QUE TIVO COMO PRODUCTO FINAL TRES POSTERS MURAIS SOBRE A VIOLENCIA CONTRA A MULLER . XA  REMATADO, EXPLICÁRONLLE AO  ALUMNADO DE 4º E 6º QUE PARA FACELOS TIVERAN QUE VISIONAR CURTAS, ASISTIR A CHARLAS, BÚSQUEDAS DE INFORMACIÓN NA REDE E PROPOSTAS DE DESEÑOS DE CARTEIS.

AMOSAMOS NO VIDEO ALGÚN TRABALLOS REALIZADOS.

domingo, 2 de decembro de 2018

CON-CIENCIA POÉTICA NO MES DA CIENCIA


Os Equipos de Traballo de VOZ NATURA E BIBLIOTECA ESCOLAR organizaron as actividades que se levaron a cabo no noso Centro no Mes da Ciencia. 

   Dende a Biblioteca do Centro púxose a disposición da Comunidade Educativa a bibliografía referida a ciencia e experimentación.

   Dende o Equipo de Voz Natura, propuxéronse diferentes retos matemáticos (DALLE AO COCO) e curiosodades relacionadas coas ilusións ópticas.

   Nas diferentes aulas realizáronse distintos experimentos, maquetas e actividades, relacionados coas áreas de CCSS E NATURAIS, entroncándoas coa temática que se estaba traballando nas aulas (O UNIVERSO, A ALIMENTACIÖN, A ASAÜDE)

   O alumnado de sexto curso elaborou poesías relacionadas cos medicamentos e moitos experimentos que foron traballados  nuns OBRADOIROS CIENTÍFICOS, NA BÚSQUEDA DO PORQUÉ DAS COUSAS  e expostos na Biblioteca do Centro ao alumnado de 3º e 4º nivel  tendo unha fantástica acollida.

   Presentamos DOUS  vídeos  dalgunhas das actividades.