luns, 29 de outubro de 2012

MEIGA PARA PROFES

DENTRO DO APARTADO DE FORMACIÓN DE USUARIOS O EQUIPO DE BIBLIOTECA PREPAROU ESTA PEQUENA PRESENTACIÓN PARA
FACILITAR O ACCESO AO PROGRAMA MEIGA
 DE TODO O PROFESORADO. ESTA FORMACIÓN DE USUARIOS PARA PROFES FOI PLANIFICADA PARA REALIZAR UN LUNS POLA TARDE NO HORARIO ASIGNADO Á REUNIÓN DE CICLOS

domingo, 28 de outubro de 2012

FUNCIONAMENTO DA NOSA BIBLIOTECA

AMOSAMOS A PRESENTACIÓN QUE VISIONOU O NOSO ALUMNADO CO GALLO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES NO APARTADO DE FORMACION DE USUARIOS.

ASI FUNCIONA A NOSA BIBLIO

mércores, 24 de outubro de 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (24 OUTUBRO)

FORON MOITAS AS ACTIVIDADES QUE O EQUIPO DE BIBLIOTECA DESEÑOU PARA LEVAR A CABO NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES ASÍ COMO AO LONGO DESA SEMANA E DA ANTERIOR: FACEMOS UNHA BREVE RESEÑA QUE DETALLAREMOS NALGUNHAS OUTRAS ENTRADAS:
  1. REPARTO DOS CARNÉS POLAS AULAS
  2.  FORMACIÓN DE USUARIOS PARA TODO O ALUMNADO (HORARIO DE USO DE BIBLIOTECA DAS AULAS)
  3.  FORMACIÓN DE USUARIOS PARA O PROFESORADO (TARDE DUN LUNS)
  4.  REPARTO ÁS AULA DE MOCHILAS VIAXEIRAS CO MATERIAL SELECCIONADO PREVIAMENTE POLO PROFESORADO TITOR
  5.  LEMAS DE ANIMACIÓN Á LECTURA
  6.  AMBIENTACIÓN DO ESPAZO DA BIBLIOTECA.
  7. PROXECCIÓN DE DÚAS PELIS:
  •            ED. PRIMARIA   "EL GUARDIÁN DE LAS PALABRAS"
  •            ED. INFANTIL    "CAILLOU: MI PRIMERA VEZ EN LA BIBLIOTECA" 
      8.  ENTRADA NO COLE AO SON DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.


domingo, 21 de outubro de 2012

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ao longo deste mes todos os nenos/as elaboraron lemas para animar á lectura, que logo foron expostos para disfrute de todos no corredor do cole. Con música de LUAR NA LUBRE podedes visionalos neste fermoso video. NORABOA a todo o alumnado polo seu bo facer e a súa creatividade. ¡Quedou chulísimo!