APRENDENDO A ESCOITAR COMPRENDEREMOS MELLOR AOS QUE NOS RODEAN.
ASÍ AMBIENTAMOS O COLEXIO E ASÍ VOLO CONTAMOS.
xoves, 31 de xaneiro de 2013
martes, 29 de xaneiro de 2013
CONMEMORANDO O DÍA DA PAZ
XA CHEGA O DÍA DA PAZ. MOITO TRABALLO PREVIO: BUSQUEDAS DE INFORMACIÓN, PREPARACIÓN DE POEMAS, CANCIÓNS, BAILES, PERCUSIÓNS, MURAIS, PREPARACIÓN DE DIFERENTES ACTOS.O DÍA 30 SERÁ O DÍA GRANDE,UN FESTIVAL MUSICAL DE PAZ .
ESTA SERÁ A NOSA PROGRAMACIÓN.
E LEMBRA :A PAZ COMEZA CUN SORRISO
ESTA SERÁ A NOSA PROGRAMACIÓN.
E LEMBRA :A PAZ COMEZA CUN SORRISO
luns, 28 de xaneiro de 2013
FACENDO CULTURA GALEGA
Exposición de libros e de música galega tradicional e moderna.
RECUPERANDO A NOSA MÚSICA E NAMORADOS DA NOSA CULTURA
RECUPERANDO A NOSA MÚSICA E NAMORADOS DA NOSA CULTURA
domingo, 27 de xaneiro de 2013
XA CHEGAN AS PRIMEIRAS CANTIGAS GALEGAS
AS CANTIGAS ESTÁN NA MEMORIA DO POBO E XA COMEZAN A CHEGAR AO NOSO CENTRO NOS LIBROS VIAXEIROS DE CANTIGAS GALEGAS, ASEGURANDO ASÍ A TRANSMISIÓN DAS NOSAS TRADICIÓNS E CULTURA POPULAR ÁS NOVAS XERACIÓNS.
GRAZAS A TODOS OS QUE O FACEDES POSIBLE.
AMOSAMOS UN PEQUENO ADIANTO DA RECOMPILACIÓN QUE SE ESTÁ A LEVAR COAS FAMILIAS DE TODO O ALUMNADO DO CENTRO. IREMOS INCORPORANDO MÁIS ...PERO HAI QUE TER PACIENCIA E AGARDAR.
venres, 25 de xaneiro de 2013
DESCRICIÓN DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS
Dentro do proxecto "Tradición e Modernidade na Música Galega" o Equipo da Biblioteca programou o traballo do texto descritivo para o primeiro trimestre.
O alumnado de todo o Centro traballou por cursos ou niveis, as partes e a descrición de diferentes instrumentos da tradición galega: pandeireta, zanfona, clarinete, requinta, charrasco, cunchas, birimbao, gaita... Unha vez rematados expuxémolos nos corredores do cole para disfrute de toda a Comunidade Educativa.
Este tipo de actividades ademais de afondar nos valores máis populares da nosa cultura servenos para recoñer a riqueza de vocabulario, a sensibilidade e a dozura das palabras da nosa lingua, que se transforman en pequenas bolboretas dando reviravoltas no ar, nos beizos dos nosos cativos.
Damos as grazas ao Equipo de Orientación do Centro pola axuda prestada no monográfico: O TEXTO DESCRITIVO e tamén a axuda para o traballo de investigación de Pablo Carpintero Arias
PASADE E VISIONADE O VIDEO CON MÚSICA DE MILLADOIRO, ILA VAI Ó MAR, DO DISCO A GALICIA DE MAELOC COMPARTIMOS A ESENCIA DA NOSA MÚSICA.
xoves, 24 de xaneiro de 2013
FINA CASALDERREY NA R.A.G
A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
domingo, 20 de xaneiro de 2013
CARLINHOS BROWN (FICHAS DE TRABALLO)
1º PRIMARIA |
1º CICLO |
ED INFANTIL |
DESPOIS DE LER A SUA BIOGRAFÍA, VER OS SEUS VIDEOS MUSICAIS, INVESTIGAR SOBRE A SITUACIÓN DAS FAVELAS E DE COMPROBAR COMO É POSIBLE MELLORAR SITUACIÓNS SOCIAIS DESFAVORECIDAS, TOCA FACER AS SEGUINTES FICHAS DE TRABALLO.
SE QUERES VELAS CLICA NAS FOTOS
2º E 3º CICLO |
mércores, 16 de xaneiro de 2013
CARLINHOS BROWN NO DÍA DA PAZ
A TRABALLAR RAPACES!!!!!!!
DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA OFRECÉMOSVOS O MATERIAL PARA TRABALLAR SOBRE CARLINHOS BROWN, PERSONAXE AO QUE ESTE ANO ADICAMOS NO CENTRO O DÍA DA PAZ.
É MOI GRATIFICANTE PODER CONSTATAR O QUE SE PODE CONSEGUIR A TRAVÉS DA MUSICA, SE SE É QUEN DE SABER CANALIZAR TODA A SUA ENERXÍA, A SÚA ALEGRÍA E OS SEUS RECURSOS ECONÓMICOS.
ENTRE OUTROS MOITOS PROXECTOS E GRAZAS A ELA :
ENTRE OUTROS MOITOS PROXECTOS E GRAZAS A ELA :
Candeal é hoxe unha favela onde as armas e a droga deixaron espazo a un conservatorio, un estudo de gravación, un centro de saúde e unha recuperación radical da autoestima social.
martes, 15 de xaneiro de 2013
CANTEMOS: NO MUNDO (LUAR NA LUBRE)
NO MUNDO HAI TRES COUSAS QUE ME POÑEN MAL
AS GUERRAS, A FAME E A DESIGUALDAD(e)
NON SEXAS PASIVO E MÓVETE XA
AINDA HAI ESPERANZA, DEBEMOS LOITAR.
COAS GUERRAS FRACASA A HUMANIDAD(e)
É UNHA CONSTANTE DE VOLTA PRA ATRÁS
MORTE, ENFERMIDADES E DESOLACIÓN
LEVÁNTATE, MÓVETE E DEIXA O SILLÓN
DA FAME, QUERIDOS,
QUE VOS VOU DICER
MILLEIROS DE NENOS
NON TEN QUE COMER
EN ASIA, E AMERICA OU EN AFRICA
POLO BEN DESTE MUNDO SOLIDARIDAD(e)
EN ASIA, AMERICA OU EN AFRICA
POLO BEN DO MUNDO...
luns, 14 de xaneiro de 2013
MANUEL FERNÁNDEZ E CRISTINA LAMAS INTERPRETANDO
AMOSAMOS DOUS VIDEOS DA PRESENTACIÓN DE INSTRUMENTOS DA MÚSICA TRADICIONAL, DE CANTO E DE INTERPRETACIÓN.
DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA QUEREMOS AGRADECERVOS A VOSA COLABORACIÓN E ENTUSIASMO CO FIN DE AXUDARNOS A COÑECER E A SENTIR O SON DA NOSA MÚSICA.
PARA PODER ESCOITALOS CLICA NA FOTO DE MANUEL OU DE CRISTINA
DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA QUEREMOS AGRADECERVOS A VOSA COLABORACIÓN E ENTUSIASMO CO FIN DE AXUDARNOS A COÑECER E A SENTIR O SON DA NOSA MÚSICA.
PARA PODER ESCOITALOS CLICA NA FOTO DE MANUEL OU DE CRISTINA
CRISTINA LAMAS |
MANUEL FERNÁNDEZ |
domingo, 13 de xaneiro de 2013
OS PAIS E NAIS ENSÍNANOS MÚSICA TRADICIONAL
¡Vaia sorte que temos!
Cristina Lamas e Manuel Fernández son nai e pai respectivamente de varios alumnos/as que están no noso Centro. Eles si saben de música tradicional e ofrecéronse para presentar e interpretar varios instrumentos da tradición galega. Os nenos/as divertíronse moitísimo e pouquiño a pouco vai penetrando, como chuvia finiña que empapa, a emoción da nosa música nos nosos cativos. Foi unha estupenda experencia. Ahhhhh!!!!! e tamén anda Moncho, o noso dire, amosando e interpretando algunha peza co clarinete. Non temos máis que palabras de agradecemento hacia eles pola súa colaboración e pola súas gañas de que este ilusionante proxecto saia adiante.
luns, 7 de xaneiro de 2013
DESEXOS AGARIMOSOS E FELICES PARA O 2013
TECENDO FÍOS ENTRE AS DIFERENTES ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS NO CENTRO DECIDIMOS ENLAZAR A RECICLAXE QUE ESTAMOS A TRABALLAR DENDE O PROXECTO VOZ NATURA CO PROXECTO XURDIDO DENDE A BIBLIOTECA E EIXO DO CURSO 2012-13 : TRADICIÓN E MODERNIDADE NA MÚSICA GALEGA. MOITAS DAS ACTIVIDADES DE MANUALIDADES DO NOSO NADAL ELABORÁRONSE CON CDS E QUEDARON REQUETECHULÍSIMAS. OUTRAS ELABORARONSE CON CARTÓN E CLAVES DE SOL, OUTRAS CON PAPEIS, PAPEIS DE MANTEIGADAS E ALGÚNS PISAPAPEIS FORON FEITOS CON PEDRAS.
A MÚSICA QUE LEVA O VIDEO É DE BERROGÚETTO E LEVA POR TÍTULO NADAL DE LUINTRA.SÓ NOS QUEDA DELEITARNOS COA SÚA DOZURA E PENSAR NA MARABILLOSA MÚSICA QUE TEMOS, ¿NON VÓS PARECE?
O EQUIPO DA BIBLIOTECA DO C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO DESEXA PARA TOD@S UN ANO DE BEN, DE AGARIMO, AMIZADE, E DE MOITO ÁNIMO E FORZAS PARA DESENVOLVER A NOSA TAREFA EDUCATIVA.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)