venres, 25 de xaneiro de 2013

DESCRICIÓN DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

Dentro do proxecto "Tradición e Modernidade na Música Galega" o Equipo da Biblioteca programou o traballo do texto descritivo para o primeiro trimestre.
O alumnado de  todo o Centro traballou por cursos ou niveis, as partes e a descrición de diferentes instrumentos da tradición galega: pandeireta, zanfona, clarinete, requinta, charrasco, cunchas, birimbao, gaita... Unha vez rematados expuxémolos nos corredores do cole para disfrute de toda a Comunidade Educativa.
Este tipo de actividades ademais de afondar nos valores máis populares da nosa cultura servenos para recoñer a riqueza de vocabulario, a sensibilidade e a dozura das palabras da nosa lingua, que se transforman en pequenas bolboretas dando reviravoltas no ar, nos beizos dos nosos cativos.
Damos as grazas ao Equipo de Orientación do Centro pola axuda prestada no monográfico: O TEXTO DESCRITIVO e tamén a axuda para o  traballo de investigación de Pablo Carpintero Arias  
PASADE E VISIONADE O VIDEO CON MÚSICA DE MILLADOIRO, ILA VAI Ó MAR, DO DISCO A GALICIA DE MAELOC COMPARTIMOS A ESENCIA DA NOSA MÚSICA.