Os nenos e nenas do CEIP Agro do Muíño estiveron estes días argallando as súas xa tradicionais postais de Nadal e así de chulas quedaron.
venres, 20 de decembro de 2024
xoves, 19 de decembro de 2024
OBRADOIRO DE REGUEIFA
Obradoiro de regueifa con Lupe Blanco e Josiño da Teixeira para o alumnado de 5°.
Parabéns por achegarnos dun xeito tan lúdico un anaquiño da nosa cultura.
Mil grazas.
PREME NA IMAXE
martes, 17 de decembro de 2024
GUÍA DE NADAL 2024
Aquí vos deixamos a guía de recomendacións lectoras para este Nadal que elabora a rede de bibliotecas escolares do Concello de Ames.
luns, 16 de decembro de 2024
FALADOIRO DO MUÍÑO 11
Nesta ocasión, Irene García, realizou o faladoiro “O que atopamos” no mar, na aula de 2º B.
Moitas grazas pola túa colaboración.
Preme na imaxe
venres, 13 de decembro de 2024
FALADOIRO DO MUÍÑO 9
Nesta ocasión, realizou Mercedes o Faladoiro :" O voluntariado" na aula de 4 anos A.
Moitas grazas pola túa colaboración.
Preme na imaxe
mércores, 11 de decembro de 2024
FALADOIRO DO MUÍÑO 8
André García, realizou o Faladoiro “Adestramento e vixiancia das costas” co alumnado de 4º B e 6º B de primaria.
Moitas grazas pola túa colaboración.
Preme na imaxe
luns, 2 de decembro de 2024
O Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas escolares
No mes de novembro, aínda que a biblioteca non está preparada pero contamos coas nosas propias maletas de experimentos que realizáronse o curso pasado, os alumnos e alumnas convertíronse en verdadeiros científicos e levaron a cabo diferentes experimentos, nas súas propias aulas ou no novo espazo de Polos Creativos.
Aquí vos deixamos unha pequena recompilación dalgúns deles.
Uns expertos e expertas en ciencia!
FALADOIRO DO MUÍÑO 7
Leticia Novás, realizou o faladoiro “Maruxainas”, na aula de 4º B.
Moitas grazas pola túa colaboración.
Prema na imaxe
venres, 29 de novembro de 2024
FALADOIRO DO MUÍÑO 6
“Coidemos o mar” é o faladoiro que Jose Manuel Olveira, realizou co alumnado do 6º C.
Moitas grazas pola túa colaboración.
Preme na imaxe
xoves, 28 de novembro de 2024
FALADOIRO DO MUÍÑO 5
Nesta ocasión, visitounos Elena García Alonso, Lincenciada en Ciencias Químicas e explicounos a través de experimentos o comportamento da auga.
Moitas grazas pola túa colaboración.
Preme na imaxe
martes, 26 de novembro de 2024
FALADOIRO DO MUÍÑO 4
FALADOIRO: "UN ADORNO DE NADAL"
O martes 26 de novembro, tocoulle a quenda á mamá de Nuno. Trouxo fariña e sal e puxémonos a amasar. Acabou a fariña por todos os lados, pero eso sí, pasárono xenial. Por se queredes repetir nas casas a receita é unha medida de auga, outra de sal e dúas de fariña. Moi sinxelo!
Puxeron a súa pegada nun anaco de masa estirada e despois Ana levounos a cocer.
Pintámolos, cubrímolos de "brilli-brilli" e este foi o resultado:
Preme na imaxe
Moitas grazas pola túa colaboración.
venres, 22 de novembro de 2024
FALADOIRO DO MUÍÑO 3
Nesta ocasión, temos a Irene García Bernada, “A nosa bióloga e o mar” que visitou a aula de 4 anos A.
mércores, 20 de novembro de 2024
FALADOIRO DO MUÍÑO 2
Nesta ocasión, tivemos a visita da nai de Manu que visitou a aula de 4 anos B.
"O MAR NUNHA BOTELLA"
A mamá de Manu, veu a clase e contounos un conto titulado: "A vella quenlla perde os dentes" Esta vella e despistada quenlla unha noite confundiu unha pedra cunha rica e saborosa madalena......
Despois, (por se botamos moito de menos o mar, e o queremos ter máis preto de nós) fíxonos un precioso experimento: metemos unha morea de pedriñas e cunchas dentro dunha botella, e enchémola con agua, aceite e unhas gotiñas de colorante alimenticio. Ao axitala podiamos ver as ondas do mar e as burbullas.
Grazas pola túa colaboración.
Preme na imaxe
luns, 18 de novembro de 2024
CERTAME VÁKNER: CONTOS DE MISTERIO NO CAMIÑO
Estes días, a nosa alumna Iria, de 6° de Primaria logrou o 5° premio do certame literario Territorio Vákner. Esta é a 4a vez que Agro do Muiño consigue este premio. Hai moi boa canteira de literatos no cole. Parabéns, Iría! A por moitos triunfos máis.
mércores, 13 de novembro de 2024
CONTACONTOS DE 5º C ao alumnado de 4 anos A
O alumnado de 4 anos A , recibiu a visita duns alumnos de 5º de Primaria C e levaron unha sorpresa xa que lles contaron un conto. Estiveron moi atentos e quedaron con gañas de máis.
Preme na imaxe
martes, 12 de novembro de 2024
Así investigamos coa maleta mariñeira do CEIDA
Este mes tivemos a sorte de desfrutar, o 1º e 2º ciclo, da Maleta Mariñeira: Explorando os océanos do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Nela atopamos un montón de información relacionada co medio mariño para dar a coñecer e promover a cultura mariña e o coñecemento dos océanos na comunidade educativa, coñecida como 'cultura oceánica', así como as actuais problemáticas ambientais que ameazan a súa conservación, como a emerxencia climática ou o lixo mariño.
Preme na imaxe
luns, 11 de novembro de 2024
CONTACONTOS DE 5º C ao alumnado de 5 anos B
O alumnado de 5 anos B , recibiu a visita duns alumnos de 5º de Primaria C e levaron unha sorpresa xa que lles contaron un conto. Estiveron moi atentos e quedaron con gañas de máis.
Preme na imaxe
FALADOIRO DO MUÍÑO 8
André García, realizou o Faladoiro “Adestramento e vixiancia das costas” co alumnado de 4º B e 6º B de primaria.
Moitas grazas pola túa colaboración.
Preme na imaxe
mércores, 6 de novembro de 2024
CONTACONTOS DE 5º C ao alumnado de 5 anos A
O alumnado de 5 anos A , recibiu a visita duns alumnos de 5º de Primaria C e levaron unha sorpresa xa que lles contaron un conto. Estiveron moi atentos e quedaron con gañas de máis.
Preme na imaxe
xoves, 31 de outubro de 2024
Cabazas de Samaín
Aquí tendes as fotos das cabazas tan sorprendentes e orixinais deste Samaín moi mariño...
Preme na imaxe para velas todas...
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN!
martes, 29 de outubro de 2024
LECTURAS COMPARTIDAS TERRORÍFICAS
Lecturas compartidas do alumnado de 4° á rapazada de 1°. Contos terrorificamente divertidos.
Preme na imaxe
venres, 25 de outubro de 2024
FALADOIRO DO MUÍÑO 1
Para inagurar este curso a actividade de "Faladoiros do Muíño", contamos con Alejandro Fojo, “En busca do tesouro" que visitou a aula de 4 anos A.
Mochilas Viaxeiras
Hoxe saen as mochilas viaxeiras con moitas gañas de ir de onda en onda e casa por casa mergullándose nos vosos fogares, corazóns e emocións.
martes, 22 de outubro de 2024
luns, 30 de setembro de 2024
mércores, 11 de setembro de 2024
MERGÚLLATE NO AGRO
Benvid@s a este novo curso que estará cargado de moitos momentos acuáticos e submarinos xa que....
MERGÚLLATE NO AGRO...
"Será un un libro...
que abrirá as paisaxes más fermosas e descoñecidas do noso mundo mariño.
Este curso 2024-2025, acompañados de Leo e Lea mergullarémonos nese mundo mariño por descubrir.
xoves, 13 de xuño de 2024
Faladoiros no muíño na clase de 6º de Ed. Infantil
Aquí vos deixamos un breve resumo de todos os faladoiros que fixeron na aula de 6º de Infantil. Todo dentro do seu proxecto de Exipto!
Enraízate no Agro!
venres, 7 de xuño de 2024
As novelas de 5ºA: unha noite no museo
Polo día dos museos o alumnado de 5ºA decidiron realizar unhas novelas tendo como temática: unha noite no museo... vide botarlle un ollo!
Enraízate no Agro!
mércores, 29 de maio de 2024
Programa de radio: rematamos o curso
Atentos e atentas! Xa está aquí, o noso programa de radio de remate de curso no que alumnos e alumnas de diferentes cursos reuniron saberes e habilidades para contarnos un pouco todo o aprendido. Atendede! non ten desperdicio! Xa sabes:
Enraízate no Agro!
venres, 24 de maio de 2024
Podcast: Refráns e aves galegas co alumnado de 3ºB
O alumnado de 3º de E. Primaria B grabaron un interesante podcast sobre refráns e aves galegas. Moi atentos e atentas!
luns, 20 de maio de 2024
Recibimos a visita de David Rodríguez, autor de Superavoa
Hoxe, o alumnado de 1º ciclo recibiu a visita de David Rodríguez, autor da obra "Superavoa" e fíxonos pasar un divertido momento acompañados da súa guitarra.
Gracias por vir, David! Volta cando queiras!
domingo, 5 de maio de 2024
Enraízate no Agro. Os nosos proxectos
Este ano no CEIP Agro do Muíño achegamos a flora e fauna da nosa contorna ao noso alumnado. Puidemos curiosear, investigar, experimentar e sobre todo... APRENDER da bichería e da flora que nos rodea...
Queres ver todo o que descubrimos? Bota un ollo!!
venres, 3 de maio de 2024
Itinerario lector. Os nosos proxectos
Nesta páxina poderedes descubrir os traballos que realizou a nosa cativada dentro do itinerario lector no curso 2023-2024. Non volos perdades! Xa sabes:
Enraízate no Agro!
venres, 26 de abril de 2024
Faladoiros 23-24. Nº10. As emocións e como xestionalas
Esta semana visitounos Daniela, nai de Hugo Barreiro, para falarnos das emocións, de como recoñecelas e sobre todo de como podemos xestionalas no noso día a día. Foi unha actividade divertida e moi emotiva na que a rapazada reflexou os seus medos con debuxos, puxolle nome a esas cousiñas que sinten, bailamos e tamén mostramos aos demáis as boas emocións de moitas formas. Para rematar recibiron un bonito agasallo pola sua parte.
Moitísimas gracias Daniela pola tua implicación e por ser como eres!
martes, 23 de abril de 2024
Mercado da semana do día do libro
Como iniciativa para a semana da libro dende Agrobiblio organizamos un mercado para darlle unha segunda vida aos libros que estamos expurgando da biblioteca. "Conto, conta, gato" é unha colaboración coas colonias de gatos de Bertamiráns para recaudar artículos para gatos a cambio de eses libros de expurgo... e xa vedes, a iniciativa foi todo un éxito! Temos Agrobiblio a rebentar!
Xa sabes: Enraízate no Agro!
luns, 22 de abril de 2024
Faladoiros 23-24. Nº9. As células da sangue
Natalia, a nai de Lucía Arevalillo, é bióloga e traballa no laboratorio do CHUS. Explicounos un pouco en que consistía o seu traballo e trouxo a maqueta dunha arteria para explicar os distintos tipos de células que podemos atopar no sangue. Por último, trouxo mostras dos tipos de tubos, frascos e palomitas para facerlles unha pequena demostración.
Foi todo un éxito e aprendemos un montón sobre como funciona o noso corpo por dentro.
Conto conta gato
Que é "Conto, conta, gato"?
É un mercado de libros que organiza Agrobiblio onde o alumnado poderá trocar un libro de expurgo por un artículo para gatos que se donará ás colonias de gatunos de Bertamiráns.
Quédate a ver o vídeo e explicámosche polo miúdo!
Queres saber máis?
luns, 8 de abril de 2024
2 de abril. Día do conto infantil
Con este motivo e formando parte do seu plan de traballo, os nenos e nenas de 5° de infantil A, inventaron con Iván Rey, alumno en prácticas, este fermoso conto titulado: "A princesa e o coello que se fixeron amigos". Unha creación feita 100% por eles e elas!. Uns artistas! Desfrutade del.
Enraízate no Agro!
xoves, 21 de marzo de 2024
EduCando con Malibú
Malibú veu visitar ao alumnado de 2º,3º e 4º de primaria para ensinarlles a ser máis responsables, máis solidarios e ter un maior respecto hacia os animais. Malibú é unha cadeliña que foi abandoada e afortunadamente rescatada. Agora, vive feliz na Casa Grande de Xanceda e aproveita a súa experiencia para ir por diferentes coles a falar cos nenos e nenas e ensinarlles o coidado adecuado que precisan as nosas mascotas, a responsabilidade que require ter unha mascota na casa, o que debemos facer si atopamos un can abandoado, entre outras moitas cousas.
Foi unha experiencia moi interesante e desfrutamos un montón!
Día da poesía, as árbores e os bosques
Aquí tendes un pequeno resumo da actividade que realizou o alumnado de 1º ciclo polo día da poesía, as árbores e os bosques. Fixeron poemas sobre a flora de Galicia. Xa sabes:
Enraízate no Agro!
Entrevista ao alcalde de Ames, Blas García
Xa sabes enraízate no Agro!
mércores, 20 de marzo de 2024
Faladoiros 23-24. Nº8. O monstro, o rato e eu (acoso escolar)
Estes días na clase de 2B tivemos a visita de Inmaculada, a nai de Hugo García. Contounos a historia "O monstruo, o rato e eu" para traballar a autoestima e o acoso. Foi moi interesante e a rapazada participou aportando moitas ideas. No remate recibiron un bonito agasallo pola sua parte.
Moitas grazas Inma!!! Volve cando queiras.
luns, 18 de marzo de 2024
A rapazada de 5ºA creou unha biblioteca de aula
Esta semana a rapazada de 5ºA creou unha biblioteca de aula e mirade que chula lles quedou ... e todo creado por eles e elas!
Enraízate no Agro!
martes, 12 de marzo de 2024
Escola de familias. Charla sobre deporte, familia e educación
Estes días contamos na escola de familias, organizada pola ANPA, coa visita de Manuel Santos Nores que nos puxo ao día sobre: "Deporte, familia e educación". Gracias por vir!
Enraízate no Agro!
venres, 8 de marzo de 2024
Enraízate na igualdade
A rapazada de 2º ciclo creou neste 8 de marzo un fermoso vídeo no que reflexionaron sobre a igualdade de xénero que eles e elas queren. Non volo perdades!
Enraízate na igualdade! Enraízate en Agro!
mércores, 6 de marzo de 2024
A nosa antiexposición do 8m
Estes días estamos de expurgo na biblioteca e aproveitamos algúns dos libros que se van retirar para facer unha reflexión polo 8 de marzo que chamamos: "Somos moito máis ca isto". Animámosvos a botarlle un ollo!
Agrobiblio pola igualdade
venres, 1 de marzo de 2024
Radio na biblio con Pedro Iglesias
Dentro do programa Radio na biblio o alumnado de 5º de Primaria recibiu estes días unha formación da man de Pedro Iglesias que lles serviu para iniciarse no mundo da radio.
Grazas Pedro por formar aos futuros radioaxudantes!
mércores, 21 de febreiro de 2024
23 de febreiro. Día de Rosalía.
venres, 16 de febreiro de 2024
Obradoiros de Biblioteca Creativa. A flora e fauna de Galicia.
O alumnado de 1º ciclo acudiu estes días a uns obradoiros manipulativos de flora e fauna de Galicia dentro do programa Biblioteca Creativa. Clasificaron, investigaron e aluncinaron usando os microscopios. Xa sabes: Enraízate no Agro!
venres, 9 de febreiro de 2024
Entroido 2024: Enraízate no Agro
Atentos todos e todas! Chegou o Entroido e Agro do Muíño foi invadido por unha morea de bichería e flora da nosa terra. Aquí tendes un pequeno resumo do noso festival de Entroido.
luns, 29 de xaneiro de 2024
Libros pola paz
Dende Agrobiblio facemos estes días unha proposta de libros que traballan sobre a paz e poden achegar aos máis cativos diversas realidades.