venres, 4 de novembro de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas  2022


"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." José Tubío
 
Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de  MANIFESTO, de José Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC. Desde 2016 dirixe eogrupo de investigación Xenomas e enfermidade do CiMUS. En maio de 2022 recibíu o Premio Internacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal na modalidade de talentos emerxentes pola "súa contribución en varios dos descubrimentos máis importantes no campo da xenómica do cancro". 
 
O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.


Durante o mes, a ciencia será a protagonista e encheremos a nosa Agrobiblio de ciencia e "pequecientíficxs" de todas as idades.


Como o curso pasado, dispoñemos en Agrobiblio da "Maleta de primeiros experimentos de ciencia Snacklab" do CAFI.