NAS AULAS DE ED. INFANTIL TRABALLARON O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO.
GRAZAS ÁS XESTIÓNS DA PROFE LUISA E Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 5 ANOS, OS NENOS E NENAS DISFRUTARON NAS AULAS COA VISITA DOS XENERAIS DO ULLA E DAS PANTALLAS DE XINZO. MEDIANTE UNHA PRESENTACIÓN CONTÁRONLLE COMO CELEBRABAN O ENTROIDO NESTES LUGARES E AS SÚAS ORÍXENES. TAMÉN PUDERON VER E PROBAR AS SÚAS VESTIMENTAS.
O FESTIVAL DE ENTROIDO DESTE CURSO XIROU ARREDOR DOS XOGOS. CADA NIVEL ELIXEU UN XOGO POPULAR PARA DISFRAZARSE E REPRESENTAR UNHA PEQUENA COREOGRAFÍA : O PARCHÍS, AS BARALLAS, OS DOMINÓS, AS BUXAINAS, OS MONICREQUES, A PITA CEGA E OS REGUEIFEIROS DOS XOGOS AMENIZARON ESTA FESTA.
A XORNADA FOI DE PORTAS ABERTAS PARA DISFRUTE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
AMOSAMOS UN PEQUENO VÍDEO DALGÚNS ASPECTOS DESTA FESTIVAL. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.
DAMOS AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS PARTICIPANTES E COLABORADORAS NESTA CONMEMORACIÓN