Páginas

Páginas

martes, 27 de febreiro de 2018

ROSALÍA TAMÉN VIVE AQUÍ







EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES E UNÍNDONOS Á PROPOSTA DA A.E.L.G co lema da proposta #AbrideAFiestra,  fixemos un traballo en aula sobre a figura literaria e persoal de Rosalía, lemos poemas nas aulas, traballamos sobre o que a  súa figura representa para nós os amesáns e amesás, para os galegos e o recoñecemento que ten a nivel mundial. 

Logo cada alumno escribiu un poema nun soporte dado polo Concello de Ames  e ilustrouno.

 A idea é que todos os nenos/as o leven para a súa casa e que os poemas teñan luz, facelos visibles, pegándoos no interior dos vidros  nas fiestras e nos portais.




luns, 26 de febreiro de 2018

OS XOGOS DOS NOSOS AVÓS

O noso Centro considera de gran importancia promover un sinxelo traballo de investigación que procure a recolleita dos xogos da contorna .

ESTA ACTIVIDADE FOI REALIZADA EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS ÁS QUE AGRADECEMOS A SÚA ILUSIÓN POR PÓR EN VALOR E  FOMENTAR  A RECUPERACIÓN DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL. A MAIOR PARTE DOS XOGOS SON GALEGOS, AÍNDA QUE HAI ALGÚN XOGO DOUTRAS AUTONOMÍAS E PAÍSES DEPENDENDO DA PROCEDENCIA DO NOSO ALUMNADO. RECOMPILAMOS OS XOGOS UTILIZANDO UNHA FOTOGRAFÍA EN FAMILIA XOGANDO, E FACENDO UNHA PEQUENA FICHA DESCRITIVA DOS MATERIAIS UTILIZADOS E DO PROCEDEMENTO DO XOGO. SOLICITÁBAMOS TAMÉN QUE A SER POSIBLE PUXERAN O LUGAR DE PROCEDENCIA DOS XOGOS TRABALLADOS. PRESENTAMOS O RESULTADO.

      OS XOGOS DOS NOSOS AVÓS on PhotoPeach

domingo, 25 de febreiro de 2018

CONFERENCIA SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO GALEGO. RELATOR: PACO VEIGA



Paco Veiga:  Investigador do patrimonio lúdico galego, membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional  e de Nova Escola Galega e  Profesor de Lingua e Literatura Galega do IES Melide,  achegouse desinteresadamente ao noso cole para presentarnos os seus traballos sobre o patrimonio lúdico galego, o valor dos xogos na construción da identidade e as posibilidades de traballar para que o alumnado coñeza os xogos tradicionais  e tratar de recuperalos.


    O noso Centro considera de gran importancia promover un sinxelo traballo de investigación que procure a recolleita dos xogos da contorna .

    Grazas aos membros da Asociación que o acompañaron 

domingo, 11 de febreiro de 2018

ENTROIDO TRADICIONAL. ED. INFANTIL

O ALUMNADO DE ED INFANTIL DE 5 ANOS REALIZOU UN FERMOSO PROXECTO DE TRABALLO SOBRE O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO.

AS FAMILIAS DO ALUMNADO COLABORARON NA SÚA ELABORACIÓN E MESMO REALIZARON RECREACIÓNS DO ENTROIDO DE XINZO (PANTALLAS) E DO ENTROIDO DO ULLA (XENERAIS) NO CENTRO.

ENGALANADOS COAS SÚAS VESTIMENTAS TRADICIONAIS CHARLARON CON TODOS OS   PEQUENOS DE 3 A 5 ANOS E PERCORRERON ALGUNHAS AULAS DE ED. PRIMARIA, NAS QUE LLE FALARON DA IMPORTANCIA DE COÑECER ESTES ENTROIDOS TAN ANTIGOS PARA PODER VALORALOS COMO PROPIOS DA NOSA IDENTIDADE.

TEMOS QUE DAR AS GRAZAS A LUISA, PROFESORA DE ED. INFANTIL POLAS SÚAS XESTIÓNS PARA QUE ISTO FOSE POSIBLE.

   ENTROIDO TRADICIONAL ED. INFANTIL on PhotoPeach

sábado, 10 de febreiro de 2018

ENTROIDO 2018 XOGOS DE AQUÍ E DE ACOLÁ



NAS AULAS DE ED. INFANTIL TRABALLARON O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO.

GRAZAS ÁS XESTIÓNS DA PROFE LUISA E Á COLABORACIÓN DAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 5 ANOS, OS NENOS E NENAS  DISFRUTARON NAS AULAS COA VISITA DOS XENERAIS DO ULLA E DAS PANTALLAS DE XINZO. MEDIANTE UNHA  PRESENTACIÓN CONTÁRONLLE COMO CELEBRABAN  O ENTROIDO NESTES LUGARES E AS SÚAS ORÍXENES. TAMÉN PUDERON VER E PROBAR AS SÚAS VESTIMENTAS.



O FESTIVAL DE ENTROIDO DESTE CURSO XIROU ARREDOR DOS XOGOS. CADA NIVEL ELIXEU UN XOGO POPULAR PARA DISFRAZARSE E REPRESENTAR UNHA PEQUENA COREOGRAFÍA : O PARCHÍS, AS BARALLAS, OS DOMINÓS, AS BUXAINAS, OS MONICREQUES, A PITA CEGA E OS REGUEIFEIROS DOS XOGOS AMENIZARON ESTA FESTA.

A XORNADA FOI DE PORTAS ABERTAS PARA DISFRUTE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

AMOSAMOS UN PEQUENO VÍDEO DALGÚNS ASPECTOS DESTA FESTIVAL. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

DAMOS  AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS PARTICIPANTES E COLABORADORAS NESTA CONMEMORACIÓN

martes, 6 de febreiro de 2018

DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS NO XOGO

                      


METODOLOXÍA EMPREGADA PARA A SÚA ELABORACIÓN
  • REALIZAMOS XOGOS COOPERATIVOS ANTES DE FACER O DECÁLOGO.
  • FALAMOS NAS AULAS DA IMPORTANCIA DE ESTABLECER REGRAS QUE NOS PERMITIRAN DISFRUTAR DO XOGO A TODOS/AS.
  • ACORDAMOS AQUELAS NORMAS QUE NOS PARECÍAN MÁIS INTERESANTES.
  • ACORDAMOS QUE LOGO DE ELABORALAS CONXUNTAMENTE ADQUIRIAMOS O COMPROMISO  DE CUMPRILAS.
  • TODO O ALUMNADO PARTICIPOU NA ELBORACIÓN DO DECÁLOGO.
  • CADA AULA PROPUXO 5 ASPECTOS OU NORMAS QUE CONSIDERABAN IMPORTANTES E  ENTREGOUNAS  Á COORDINADORA DA BIBLIOTECA.
  • O EQUIPO DE BIBLIOTECA REFUNDEU AS NORMAS E ELABOROU O DECÁLOGO.
  • ESTE DECÁLOGO ESTÁ EXPOSTO  PARA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA EN DIFERENTES LUGARES DO CENTRO. 

luns, 5 de febreiro de 2018

PRESENTACIÓN: RACISMO NO DEPORTE PAZ 2018

PRESENTACIÓN REALIZADA E EXPOSTA  POLO ALUMNADO DE SEXTO NA FESTA POLA PAZ. O TEMA FUNDAMENTAL É O RACISMO NOS DEPORTES.


xoves, 1 de febreiro de 2018

FESTA POLA PAZ


 TODO O ALUMNADO, PROFESORADO E PERSOAL AUXILIAR CELEBRAMOS 

 A FESTA POLA PAZ


VISIONAMOS UNHA PRESENTACIÓN ELABORADA POLO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA SOBRE A DESILGUADADE RACIAL NOS XOGOS OLÍMPICOS.

LEMOS UN DECÁLOGO DE BOAS NORMAS NO XOGO ELABORADO POR TODAS AS AULAS DO CENTRO.

CANTAMOS DIFERENTES CANCIÓNS. A PROFESORA DE MÚSICA EDITOU UN VÍDEO SOBRE A CANCIÓN QUERIDO MUNDO  DE PACO NOGUEIRAS E APRENDÉMOLA  PARA PODER CANTALA  TODOS/AS NESTA FESTA.