Páginas

Páginas

mércores, 22 de decembro de 2021

NADAL 2021

 Presentámosvos algúns dos nosos traballos deste Nadal 2021

luns, 20 de decembro de 2021

ENTREGA DE AGASALLOS

 Hoxe tivemos a entrega dos agasallos dos gañadores e gañadoras do "Concurso de Postais de Nadal" na biblioteca. Asistiu Lucía, en representación da ANPA, as coordinadoras dos equipos de Dinamización da Lingua Galega e  Biblioteca e Mari, a directora do centro.

Esperamos que vos gustasen!!!

Preme na imaxe para velo



CHARLA PARA ALUMNADO DE 4º E 6º

 O pasado venres, tivemos a sorte de contar coa gran experiencia da psiclóloga, Belén Montesa Lou, xa que deunos unha charla sobre "Educación afectivo sexual" ao alumnado de 4º e 6º de Primaria.






venres, 17 de decembro de 2021

EXPOSICIÓN DAS POSTAIS DE NADAL 2021

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole, organizou o 

"Concurso de Postais de Nadal".

Neste primeiro vídeo podedes ver a imaxinación e creatividade 

do noso alumnado.

E neste vídeo 

AS POSTAIS GAÑADORAS!!!!

Parabéns aos gañadores e participantes!!!

luns, 13 de decembro de 2021

CHARLA PARA AS FMILIAS

 Mañá comezamos cunha primeira charla para familias 

organizado conxuntamente polo Centro, CAFI e ANPA. 



NADAL PEREGRINO DE CONTOS: GUÍA DE LECTURA DE NADAL 2021

 XA CHEGARON AS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE NADAL!!!



Neste documento deixámosvos as nosas recomendacións para os diferentes niveis que dende os equipos de Bibliotecas Escolares dos centros públicos de Ames eleboramos. 

Pretenden ser unha recomendación de libros que nos parecen interesantes!!!



A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Algúns d@s nos@s "Biblioaxudantes" deste curso axudaron e confeccionaron a nosa ÁRBORE DE NADAL.

Mirade o maravilloso resultado!!!



Preme na ábore para ver aos "Biblioaxudantes"

Moitas grazas a todas e todos por colaborar e axudar!!!

Sodes xeniais!!!

xoves, 9 de decembro de 2021

FALADOIROS NO MUÍÑO 5

 Nesta ocasión, visitounos Carolina Moscoso, na aula de 1º C, para ensinarnos  a aplicación "PictoXacobeo" e explicounos que é unha aplicación para Android deseñada específicamente para facilitar a interacción dos peregrinos do Camiño de Santiago con necesidades comunicativas especiais (trastornos da fala, comprensión lectora e escritora, dificultades da linguaxe, etc.).

Preme na imaxe para velo


Moitas grazas pola túa visita!!!


martes, 7 de decembro de 2021

NOVIDADES NADAL

 NOVIDADES PARA LER

VIAXA CUN LIBRO

NESTE NADAL!!!

xoves, 2 de decembro de 2021

Remataron as FESTAS DA CIENCIA

 Rematou o mes de novembro e tamén "AS FESTAS DA CIENCIA".

Así pasámolo neste mes de novembro, experimentando e experimentando....