mércores, 12 de setembro de 2018

PROXECTO CURSO 2018-19 : ENTRE CONTOS ANDA O CONTO

ENTRE CONTOS ANDA O CONTO

O PAPEL DA FAMILIA E DA ESCOLA

O ENCONTRO DECISIVO ENTRE OS NENOS E OS LIBROS PRODÚCESE NOS PUPITRES DA ESCOLA. SE SE DÁ NUNHA SITUACIÓN CREATIVA, NA QUE O QUE CONTA É A VIDA E NON O EXERCICIO, O RESULTADO SERÁ O GUSTO POLA LECTURA, CO QUE NON SE NACE PORQUE NON É UN INSTINTO. SE SE PRODUCE NUNHA SITUACIÓN BUROCRÁTICA, SE O LIBRO É REDUCIDO A INSTRUMENTO DE EXERCITACIÓN (COPIAS, RESUMES, ANÁLISES GRAMATICAIS) PODERÁ NACE-LA TÉCNICA DA LECTURA, PERO NON O GUSTO. OS NENOS PODERÁN LER, PERO SÓ O FARÁN SE SE SENTEN OBRIGADOS A ISO. 
                GIANNI RODARI                                                                              

POR QUE ENTRE CONTOS?

-POLA SÚA DIMENSIÓN LÚDICA.

-PORQUE ENTRAMOS EN CONTACTO COA LINGUA DA COMUNIDADE

-POLA ESTREITA RELACIÓN ENTRE OS NENOS/AS E A PERSOA QUE OS CONTA.

-POLA TRANSMISIÓN DE VOLORES

PORQUE OS CONTOS DESENVOLVEN AS POTENCIALIDADES IMAXINARIAS DOS NENOS