xoves, 24 de febreiro de 2022

Rosalía de Castro no camiño

 Chegou o día da nosa gran poetisa

Rosalía de Castro



Dende o centro realizamos diversas actividades para celebrar este gran día:

Visita á casa de Rosalía en Ortoño

Todo o alumnado de Ed. Primaria visitou a casa de Rosalía

preme na imaxe



Traballos realizados nas distintas aulas sobre Rosalía

Actividades realizadas na aula de 5anos A e ademáis Nekane nos recita uns poemas de Rosalía.

preme na imaxe



Exposición de libros

Dende o Concello:


#Rosalízate: Actividade na que participamos todos os centros educativos de Ames pero que está aberta a toda a veciñanza. Vanse instalar dúas estruturas a modo de fhotocall, unha na travesía de Porto do Milladoiro e outro na Praza da Maía de Bertamiráns. O concello enviou varios modelos de caretas e así cada neno e nena elaborou  a súa propia. O alumnado levará a casa as caretas, para que posteriormente, vaia coa súa familia fotografarse no photocall. Cada familia decidirá se continua a actividade subindo ás redes as imaxes acompañadas de versos rosalianos.

preme na imaxe



Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegounos unha proposta para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino. 


O lema é: #SementadePensamentos

Como a flor favorita de Rosalía de Castro eran os pensamentos, plantamos esta fermosa flor no noso patio.

preme na imaxe para velo


POEMAS DE ROSALÍA RELACIONADOS CON SANTIAGO DE COMPOSTELA