Chegou o día da nosa gran poetisa
Rosalía de Castro
Dende o centro realizamos diversas actividades para celebrar este gran día:
Visita á casa de Rosalía en Ortoño
Todo o alumnado de Ed. Primaria visitou a casa de Rosalía
preme na imaxe
Actividades realizadas na aula de 5anos A e ademáis Nekane nos recita uns poemas de Rosalía.
preme na imaxe
Exposición de libros
Dende o Concello:
#Rosalízate: Actividade na que participamos todos os centros educativos de Ames pero que está aberta a toda a veciñanza. Vanse instalar dúas estruturas a modo de fhotocall, unha na travesía de Porto do Milladoiro e outro na Praza da Maía de Bertamiráns. O concello enviou varios modelos de caretas e así cada neno e nena elaborou a súa propia. O alumnado levará a casa as caretas, para que posteriormente, vaia coa súa familia fotografarse no photocall. Cada familia decidirá se continua a actividade subindo ás redes as imaxes acompañadas de versos rosalianos.
preme na imaxe
O lema é: #SementadePensamentos
Como a flor favorita de Rosalía de Castro eran os pensamentos, plantamos esta fermosa flor no noso patio.
preme na imaxe para velo