Páginas

Páginas

venres, 25 de febreiro de 2022

XORNADA DE FESTA E FOLIADA

 Para rematar este entroido que mellor que unha 

XORNADA DE FESTA E FOLIADA

Hoxe o alumnado disfrutou  dunha xornada festeira na que se cantou, bailou e tocou. Incluso de animación, vendo pasar a volta ciclista a Galicia.

Unha xornada para poñer en valor a nosa cultura a través da música e o baile.

Encantounos o cambio de roles de xénero na vestimenta tanto no profesorado como no alumnado.

Grazas ás familias, profesorado e alumnado pola implicación.

Bo entroido!!!

preme na imaxe 





xoves, 24 de febreiro de 2022

Rosalía de Castro no camiño

 Chegou o día da nosa gran poetisa

Rosalía de Castro



Dende o centro realizamos diversas actividades para celebrar este gran día:

Visita á casa de Rosalía en Ortoño

Todo o alumnado de Ed. Primaria visitou a casa de Rosalía

preme na imaxe



Traballos realizados nas distintas aulas sobre Rosalía

Actividades realizadas na aula de 5anos A e ademáis Nekane nos recita uns poemas de Rosalía.

preme na imaxe



Exposición de libros

Dende o Concello:


#Rosalízate: Actividade na que participamos todos os centros educativos de Ames pero que está aberta a toda a veciñanza. Vanse instalar dúas estruturas a modo de fhotocall, unha na travesía de Porto do Milladoiro e outro na Praza da Maía de Bertamiráns. O concello enviou varios modelos de caretas e así cada neno e nena elaborou  a súa propia. O alumnado levará a casa as caretas, para que posteriormente, vaia coa súa familia fotografarse no photocall. Cada familia decidirá se continua a actividade subindo ás redes as imaxes acompañadas de versos rosalianos.

preme na imaxe



Dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegounos unha proposta para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino. 


O lema é: #SementadePensamentos

Como a flor favorita de Rosalía de Castro eran os pensamentos, plantamos esta fermosa flor no noso patio.

preme na imaxe para velo


POEMAS DE ROSALÍA RELACIONADOS CON SANTIAGO DE COMPOSTELA

martes, 22 de febreiro de 2022

ANIMACIÓN DE ENTROIDO

 Nesta semana de Entroido, o alumnado de Ed. Infantil e 1º, 2º e 3º de primaria gozaron dunha animación musical e do espectáculo Among Nós, organizado e pagado pola nosa ANPA.

Aquí tedes un pequeno exemplo

preme na imaxe



luns, 21 de febreiro de 2022

Formación profesorado "Radio na biblio"

 O pasado xoves 17 todo o profesorado do cole recibimos a formación de "Radio na biblio". 



Gustaríanos agradecer a Javier de Redeespora esta sesión e compartir con nós os seus coñecementos sobre esta incrible ferramenta didáctica, pero aínda máis, o seu entusiasmo.

Non temos a menor dúbida de que será moi beneficioso para o noso alumnado.

Preme na imaxe para vernos





mércores, 16 de febreiro de 2022

Novidades do 2º trimestre

 Aqui tedes as novidades deste trimestre!!!


luns, 14 de febreiro de 2022

Día Mundial da Radio

 Onte, 13 de febreiro, foi o Día Mundial da Radio.


Qué mellor forma de celebralo que presentarvos 

a nosa  Mascota da Radio.

Aquí está:


Tamén, felicitar a Lucía Fernández de 2º A  e a Gabriela López, de 4º B, as nenas gañadoras do concurso.

                                    preme na imaxe para velas


luns, 7 de febreiro de 2022

11 de Febreiro

 

11 de febreiro é unha iniciativa cidadá para conmemorar o 
a través de actividades para: 
- Visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando así referentes femininos para a infancia que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais.
- Coñecer os diferentes factores que afectan á situación actual da muller nas áreas STEM para fomentar prácticas que conduzan á súa eliminación e alcanzar a igualdade de xénero no ámbito científico.
O equipo de biblioteca realizou unha escolma de contos de mulleres e nenas científicas!!!

Aqui tedes algúns exemplos dos traballos realizados