O DÍA 10 DE MARZO O ALUMNADO DE 1º E 2º DE E. PRIMARIA RECIBIU A VISITA DE CHICHA BLANCO, MAQUILLADORA PROFESIONAL DE PELÍCULAS E SERIES TAN COÑECIDAS COMO LA SEÑORA,GRAN RESERVA O TIERRA DE LOBOS, ENTRE OUTRAS MOITAS MÁIS.
NA SÚA VISITA AO CENTRO, OS NENOS E NENAS PUIDERON APRENDER MOITOS DOS TRUCOS DE MAQUILLAXE QUE SE EMPREGAN NO CINE E NA TELEVISIÓN PARA CREAR EFECTOS VISUAIS, TALES COMO, FACER UNHA CICATRIZ, QUE DUNHA FERIDA SAIA SANGUE, SEMELLAR QUE UN DEDO ESTÁ AMPUTADO...
FOI UNHA VISITA MOI AMENA NA QUE ALGÚNS E ALGUNHAS AFORTUNADOS/AS PUIDERON LEVAR DE RECORDO PARA A CASA UNHA MAQUILLAXE FEITA "IN SITU" POR UNHA GRAN PROFESIONAL.
MOITAS GRAZAS POR ESTA VISITA EN NOME DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.