mércores, 12 de abril de 2023

FALADOIROS NO MUIÑO: Daniela, nai de Hugo Barreiro 1ºB

 Hoxe veu a visitarnos Daniela, nai de Hugo Barreiro, para contarnos a súa experiencia como

voluntaria nun orfanato en Kenia. Puidemos coñecer da súa man como viven nenos e nenas

coma vós neste país de África e que, pese a ter tan pouquiño, son moi sempre moi agradecidos

e teñen un sorriso infinito.

Tamén vimos moitos dos animais que viven alí, aprendemos as nosas primeiras palabras en

suahili e mesmo nos atrevemos a cantar unha canción. E para rematar a súa visita, puidemos

mover as cadeiras con ritmos africanos! Pasámolo xenial!

Asante, Daniela!! Foi unha marabilla contar contigo.

Preme na imaxe para ver o contido