Hoxe o alumado de 4º A tivo a sorte de contar cun "Obradoiro sobre Mulleres Científicas", da man de Fátima Rodríguez Piña, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Este obradoiro deunos a
coñecer as expedicións que realizaron dúas mulleres científicas galegas Isabel
Zendal Gómez e Ánxeles Alvariño González. Explicou a súa biografía e
realizou dous experimentos científicos nos que se abordaron os
conceptos de microbioloxía e inmunoloxía.
O obxectivo deste obradoiro é dar visibilidade e recoñecemento a través dos experimentos
científicos a estas dúas mulleres Científicas e Galegas en Galicia , posto que
os seus descubrimentos e expedicións son un exemplo de constancia, traballo e
filantropía, que son valores que de maneira transversal, xunto coa educación en
igualdade entre homes e mulleres, educación en saúde e educación polo medio
ambiente se pretendeu potenciar neste obradoiro.
preme na imaxe para ver o vídeo