Páginas

Páginas

xoves, 18 de novembro de 2021

Dúas Mulleres de Ciencia Galegas no noso camiño

 

Hoxe o alumado de 4º A tivo a sorte de contar cun "Obradoiro sobre Mulleres Científicas", da man de Fátima Rodríguez Piña, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Este obradoiro deunos a coñecer as expedicións que realizaron dúas mulleres científicas galegas Isabel Zendal Gómez e Ánxeles Alvariño González. Explicou a súa biografía e realizou dous experimentos científicos nos que se abordaron os  conceptos de microbioloxía e inmunoloxía.

O obxectivo deste obradoiro é dar visibilidade e recoñecemento a través dos experimentos científicos a estas dúas mulleres Científicas e Galegas en Galicia , posto que os seus descubrimentos e expedicións son un exemplo de constancia, traballo e filantropía, que son valores que de maneira transversal, xunto coa educación en igualdade entre homes e mulleres, educación en saúde e educación polo medio ambiente se pretendeu potenciar neste obradoiro.

preme na imaxe para ver o vídeo