Páginas

Páginas

venres, 19 de novembro de 2021

DEREITOS DA INFANCIA: DÍA DO PIXAMA

 

Esta semana é unha das mais importantes do ano, a piques de chegar o día no que celebramos 
os Dereitos da Infancia e Adolescencia!
O 20 de novembro xa está aquí!

Hoxe día 19, para celebralo nos sumamos á iniciativa de ACOUGO:
NENAS, NENOS E ADOLESCENTES do Sistema de Protección!

Polo seu dereito a medrar en familia, ás súas orixes e todos os dereitos que teñen recoñecidos, e que non sempre son respectados.

Ir en pixama ao cole quere representar ese momento que se vive ao ir para cama, cando se arroupan, se conta un contiño e falamos de como foi o día. Moitos nenxs que non poden vivir coa súa familia, precisan familias para poder vivir estes momentos como xs demais.

Porque aínda que nos centros residenciais os coidan moi ben, non viven en familia... E como sabemos, vivir en familia é un dereito!!!

Preme na imaxe para vernos en pixama!!!


ALGÚNS EXEMPLOS DE TRABALLOS REALIZADOS NAS AULAS





 MATERIAIS NA BIBLIOTECA