Hoxe o CEIP Agro do Muíño converteuse no escenario da presentación do programa “Galicia explora o ceo”, unha iniciativa que permitirá á cidadanía prepararse para observar, con total seguridade, a eclipse total de Sol que terá lugar o vindeiro 12 de agosto, un fenómeno astronómico excepcional que en Galicia poderá contemplarse na súa totalidade.
O acto contou coa presenza de diferentes representantes institucionais e tivo uns anfitrións de excepción: o alumnado de 1º e 5º de Primaria, que deu mostra do seu saber estar, da súa responsabilidade e da súa capacidade para participar nun evento tan especial.
Esta actividade enlaza á perfección co noso proxecto “Agronautas en órbita”, achegando ao alumnado á ciencia e á observación do universo dunha maneira directa e significativa.
Parabéns á nosa rapazada polo magnífico papel desempeñado. A seguir explorando o universo e mirando cara ao ceo con curiosidade e ilusión!
PREME NA IMAXE
PARA SABER MÁIS...PREME NA IMAXE

