No
CEIP Agro do Muíño démoslle vida a un novo espazo lector. Para iso, dentro do
noso PDI “ Pasiño a pasiño facemos o Camiño”, mesturándoo co lema deste curso
“Xeografías Lectoras” montamos o noso CAMIÑO POÉTICO, empregando distintos recursos (plásticos,
sonoros e literarios) e nel participaron a totalidade das aulas do centro.
Trátase dun corredor que comunica o centro co pavillón e nel creamos este espazo, que se fusiona co
día da árbore e co proxecto Voz Natura: PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO DA
POESÍA.
A
actividade consistiu en recompilar ou inventar poesías relacionadas co Camiño,
plasmalas nunha pedra de cartón pluma, decoralas, recitalas e gravalas. Todo
isto acompañado dunha bota de peregrino decorada e chea de flores simbolizando
a nosa peregrinaxe. Deste xeito, e tendo en conta a situación de pandemia que estamos a vivir, buscamos
que todo o alumnado poida gozar da totalidade das poesías das diferentes aulas,
dándolle vida ao noso novo espazo
lector.