O Día Internacional da Muller 2021 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”, celebra os enormes esforzos realizados por mulleres e nenas de todo o mundo á hora de definir un futuro máis igualitario e a recuperación ante a pandemia de Covid-19, e resalta as deficiencias que persisten. A campaña da ONU pretende mobilizar a todas as persoas, incidindo en que coa participación e o liderado plenos e efectivos das mulleres en todos os ámbitos da vida conséguese o progreso para todo o mundo.
A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.
Nesta ocasión, o alumnado de 4º e 6º de Primaria realizaron uns carteis para fomentar a igualdade, a través dunha acción que visualice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade.
Tamén, as alumnas e os alumnos do CEIP Agro do Muíño celebran este ano o “Día da Muller” coa gravación dun vídeo no que interpretan a canción de Rozalén “A Porta Violeta”, un canto a prol da igualdade e dos dereitos das mulleres, que pode ser escoitado en Ames Radio.
E dende o comedor... O alumnado usuario do comedor realizou esta actividade cos monitores/as. Precioso traballo!!!