Este
curso debido á Covid 19, a actividade física de orientación de educación física
só puido realizarse con 6º de primaria. O día 30 de setembro fixérona 6º A e 6º
C e o 9 de outubro 6º B.
Nesta
ocasión estivo relacionada co camiño de Santiago, concretamente coa ruta do Camiño
francés.
Previamente
á realización práctica desta actividade ao aire libre no parque de Bertamiráns,
coméntaselles aos alumnos a información máis relevante relativa ao camiño de
Santiago, en particular á ruta do Camiño francés. Dita información quedou á
disposición do alumnado en Edixgal na área de educación física para a súa
posible consulta posterior.
Tratábase
de facer un percorrido polo parque de dez balizas. Cada baliza tiña unha pista:
unha imaxe, palabra ou data relacionada coas etapas do Camiño francés. De 5 en
5 minutos saían correndo dous alumnos-as, concretamente o número par e o impar.
Cada un levaba un mapa do parque no que aparecía a situación das balizas, a credencial
coas 10 balizas relativas as etapas do camiño, un reloxo e un bolígrafo. Os alumnos pares na súa credencial tiñan
completas as pistas das balizas 1, 3, 5, 7 e 9 e debían cumprimentar as pares poñendo
o indicado nas balizas 2, 4, 6, 8 e 10. Así mesmo, os impares nas súas
credenciais debían facer a inversa. Desta forma cada alumno completaría na credencial
5 ocos, tendo en conta que dispoñía de 15´para facer o percorrido completo e
atopar as 5 pistas correspondentes. Unha vez finalizado todo o percorrido por
todo o alumnado, procedeuse a que cada un verificara os acertos obtidos.
Ao
remate da actividade fíxoselles entrega dunha “ Compostela ” elaborada para
mesma e acreditando a súa participación.