Estamos a conmemorar a semana da nosa lingua, a Semana das Letras Galegas. Este ano está adicada a Ricardo Carvalho Calero e ímola celebrar dun xeito especial desde as nosas casas.
O EDLG do centro propúxolle ao alumnado de primaria facer poemas partindo do título: "Contáxiome co galego. Coróome como poeta."
No conto de Carvalho Calero “As pitas baixo a choiva ”, o poeta observaba nun serán, detrás dunha fiestra, como se mollaban as pitas. Por iso se lle pide ao alumnado que unha vez creado o poema o ilustren e peguen nas súas fiestras. Asemade, farán unha foto e enviarana aos titores.
O equipo de infantil propúxolles aos pequenos escoller unha palabra, decorala e enviala nunha foto ou vídeo.
A mestra de música está traballando co seu alumnado as seguintes cancións con motivo desta data. Premede nelas se queredes escoitalas:
A mestra de música está traballando co seu alumnado as seguintes cancións con motivo desta data. Premede nelas se queredes escoitalas:
Tamén queremos poñer á vosa disposición actividades interactivas, e para imprimir propostas polo Seminario Galán para os diferentes niveis educativos. Premede na imaxe para máis información:
E por último deixámosvos un panel onde se recollen numerosos recursos elaborados por diferentes centros educativos e recopilados polo Ceip Amor Ruibal.Barro.