Conmemoramos cada  2 de abril, aniversario do nacemento do
escritor Hans Christian Andersen,  o Día
Internacional do Libro Infantil (DILI)
O obxectivo é promocionar a boa
literatura infantil e xuvenil e a lectura entre os máis novos.
A sección patrocinadora deste ano é Eslovenia
que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada
por Damijan
Stepancic: Fame de
palabras. 
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil,
facilítanos a tradución ao galego de  Héctor Cajaraville. 
DENDE O CEIP AGRO DO MUIÑO QUEREMOS SUMARNOS A ESTA CELEBRACIÓN E FACILITARVOS UNHA SERIE DE RECURSOS PARA QUE POIDADES DISFRUTAR DA LECTURA NESTE TEMPO DE CONFINAMENTO.
GALICIA LE
A  rede de
bibliotecas públicas de Galicia pon ao noso servicio o préstamo de libros
dixitais de forma totalmente gratuita, só tes que rexistrarte.  Ofrece máis de 4.500 títulos de libros,
revistas ou películas.
LIBROS DE
BALDE DURANTE A CORENTENA
Algunhas editorias subiron á rede diferentes títulos, e mesmo nalgúns casos clasificados por idades. Clicade en cada editorial e buscade a lectura que vos agrade:
XERAIS :   catro títulos en galego da literatura infantil e xuvenil.
EDITORIAL ANAGRAMA: cinco títulos en formato dixital
SALVAT: Contido  de balde na corentena
PENGUIN AUDIO:   Audio libros de balde todos os xoves
PLANETA DE LIBROS: Para nenos e adultos 
OLGA DE DIOS: Permite descargar tres dos seus libros: LEOTOLDA,  EN FAMILIA e PÁJARO AMARILLO e de debuxos para
colorear
CONTOS
PARA A INICIACIÓN Á LECTURA
PANDEMIA DE CONTOS  (tradición oral galega)
HISTORIAS PARA A INCLUSIÓN
EDUCATIVA
Bailaremos
sobre una estrella : Preténdese que interioricen as precaucións
que hai que tomar estes días fronte ao Covid_19. 
¿Dóndes
está el gato? : Conto interactivo subtitulado con pictogramas
de ARASAAC no  que  se vai "debuxando" pouco a pouco o gato
coas fichas do Tangram.
Sabela e as zocas máxicas e o
coronavirus :  Sabela
ten que quedar na casa por mor do coronavirus. Descubre como pasa o tempo e
canta a súa canción!
CÓMIC
Esperamos que con tanta lectura vos sexa máis levadeira esta corentena.  Moito ánimo e xa sabedes, un día máis é un día
menos. 

