domingo, 28 de abril de 2019

MANUEL GAGO "DEUSES AGOCHADOS NA GALLAECIA"


O DÍA 23 DE ABRIL TIVEMOS A GRAN SORTE DE CONTAR NO NOSO CENTRO CON MANUEL GAGO 

DIRIXEUSE AO ALUMNADO DE 3º,5º E 6º DE ED. PRIMARIA QUE ESTABAN TOTALMENTE ABRAIADOS CO QUE LLES CONTABA.

O TÍTULO DA CONFERENCIA "DEUSES AGOCHADOS NA GALLAECIA" LEMBROUNOS A EXISTENCIA DE DEUSES ESQUECIDOS: REUE, BRANDUA, COSSUE, POEMANA...

MANUEL DICIALLE AOS NENOS/AS QUE COÑECÍAN DEUSES COMO ZEUS OU THOR, PERO DESCOÑECÍAN OS DEUSES CASTREXOS. COMENTOULLE QUE OS DEUSES SEGUÍAN AGOCHADOS ENTRE NOS.

FIXO UNHA  PEQUENA PRESENTACIÓN DO SEU LIBRO VENTO E CHUVIA. MITOLOXÍA DA ANTIGA GALLAECIA NO QUE COBRAN VIDA  OS DEUSES QUE POBOARON OS MITOS DA ANTIGA GALLAECIA.

FALOUNOS DOS CASTROS,  DOS SEUS HABITANTES, DAS HISTORIAS QUE ALÍ FORON CONTADAS FAI MÁIS DE 2000 ANOS E TRANSMITIDAS DE XENERACIÓN EN XENERACIÓN, DOS MOUROS E MOURAS E DO TRABALLO QUE LEVAN A CABO OS ARQUEÓLOGOS.

CONTOUNOS DO PEDRÓN ( ARA ROMANA ADICADA E NEPTUNO)  QUE SE PODE VISITAR NA IGREXA DE SANTIAGO EN PADRÓN E DA LENDA DA RAÍÑA LUPA E O CASTRO LUPARIO.

FINALMENTE ANIMOUNOS A REALIZAR A VISITA AO CASTRO LUPARIO XA QUE ESTÁ MOI CERQUIÑA DO NOSO CENTRO.

FOI PARA TODOS UN AUTÉNTICO PRACER ESCOITALO.

O NOSO AGRADECEMENTO A AMPA DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO QUE O FIXO POSIBLE.

AMOSAMOS UN PEQUENO VÍDEO