SEMANA DA CIENCIA
Se queremos transformar a práctica do ensino-aprendizaxe das
C Naturais é preciso introducir nas nosas aulas estratexias de aprendizaxe coma a observación guiada. O alumnado mergúllase na ciencia a través da observación, da experimentación, da manipulación de materiais, na discusión de ideas, faise preguntas...e ao mesmo tempo aproveitamos para traballar a oralidade na exposición dos seus traballos e experiencias.
En colaboración coas familias desenvolvemos no Centro unha SEMANA DA CIENCIA. O alumnado preparou diferentes experimentos científicos coa súa familia que logo expuxeron nas aulas aos demais compañeiros-as.
Amosamos uns vídeos representativos de dita actividade.