UNHA DAS ACTIVIDADES MÁIS BONITAS E DE MELLOR VALORACIÓN QUE TEMOS NO CENTRO SON
OS FALADOIROS NO MUÍÑO
ESTA ACTIVIDADE LÉVANA A CABO AS FAMILIAS DOS NEN@S. É UN MOMENTO PARA COMPARTIR, PARA ILUSIONAR, PARA EXPERIMENTAR.
A DEMANDA É MOI GRANDE POIS A DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS PARA ACHEGARSE AO CENTRO A CONTAR UN CONTO OU AS SÚAS PROPIAS EXPERIENCIAS É ENCOMIABLE. PREPARAN O CONTO, NORMALMENTE RELACIONADO CO PROXECTO, CON MOITO INTERÉS E LOGO SEMPRE TEÑEN UN AGASALLO PARA O ALUMNADO.
DENDE O CENTRO AGRADECEMOS A VOSA COLABORACIÓN MOITÍSIMO PORQUE PENSAMOS QUE A TAREFA EDUCATIVA COMPARTIDA E COLABORATIVA É A QUE TEN OS RESULTADOS MÁIS PRODUTIVOS. NÓS AGRADECÉMOSLLE A SÚA VISITA CUN PEQUENO DIPLOMA PARA QUE LEMBREN A ILUSIÓN CON QUE FORON RECIBIDOS POLOS NEN@S E POLOS PROFES.