martes, 6 de abril de 2010

A NOSA BIBLIOMASCOTA LEOPOLDO


O alumnado foi o encargado de deseñar e poñer nome á mascota da biblioteca ( Leopoldo). Leopoldo está presente como elemento dinamizador e polo tanto foi presentado a tódalas aulas do Centro, por unha nena de 6º curso disfrazada de trasno rebuldeiro que agasallaba ós nen@s cunha dramatización dun romance sobre Leopoldo que nos animaba a asistir á biblioteca.Leopoldo é tamén o protagonista das normas para uso da biblioteca.