xoves, 31 de outubro de 2024

Cabazas de Samaín

 Aquí tendes as fotos das cabazas tan sorprendentes e orixinais deste Samaín moi mariño...

Preme na imaxe para velas todas...



GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN!

martes, 29 de outubro de 2024

LECTURAS COMPARTIDAS TERRORÍFICAS

 Lecturas compartidas do alumnado de 4° á rapazada de 1°. Contos terrorificamente divertidos.

Preme na imaxe



venres, 25 de outubro de 2024

FALADOIRO DO MUÍÑO 1

 Para inagurar este curso a actividade de "Faladoiros do Muíño", contamos con Alejandro Fojo,  “En busca do tesouro" que visitou a aula de 4 anos A.  

PREME NA IMAXE


Mochilas Viaxeiras

 Hoxe saen as mochilas viaxeiras con moitas gañas de ir de onda en onda e casa por casa mergullándose nos vosos fogares, corazóns e emocións.




luns, 30 de setembro de 2024

ITINERARIO LECTOR 24-25

 Xa podedes ver na entrada do noso cole todos os libros que imos ler no itinerario lector. 






mércores, 11 de setembro de 2024

MERGÚLLATE NO AGRO

 Benvid@s a este novo curso que estará cargado de moitos momentos acuáticos e submarinos xa que....

MERGÚLLATE NO AGRO...

"Será un un libro...

que abrirá as paisaxes más fermosas e descoñecidas do noso mundo mariño.

Este curso 2024-2025, acompañados de Leo e Lea  mergullarémonos nese mundo mariño por descubrir.





xoves, 13 de xuño de 2024

Faladoiros no muíño na clase de 6º de Ed. Infantil

 Aquí vos deixamos un breve resumo de todos os faladoiros que fixeron na aula de 6º de Infantil. Todo dentro do seu proxecto de Exipto!

Enraízate no Agro!



venres, 7 de xuño de 2024

As novelas de 5ºA: unha noite no museo

Polo día dos museos o alumnado de 5ºA decidiron realizar unhas novelas tendo como temática: unha noite no museo... vide botarlle un ollo!

Enraízate no Agro!




mércores, 29 de maio de 2024

Programa de radio: rematamos o curso

Atentos e atentas! Xa está aquí, o noso programa de radio de remate de curso no que alumnos e alumnas de diferentes cursos reuniron saberes e habilidades para contarnos un pouco todo o aprendido. Atendede! non ten desperdicio! Xa sabes:

Enraízate no Agro!


venres, 24 de maio de 2024

Podcast: Refráns e aves galegas co alumnado de 3ºB

 O alumnado de 3º de E. Primaria B grabaron un interesante podcast sobre refráns e aves galegas. Moi atentos e atentas!

luns, 20 de maio de 2024

Recibimos a visita de David Rodríguez, autor de Superavoa

 Hoxe, o alumnado de 1º ciclo recibiu a visita de David Rodríguez, autor da obra "Superavoa" e fíxonos pasar un divertido momento acompañados da súa guitarra. 

Gracias por vir, David! Volta cando queiras!