mércores, 21 de febreiro de 2024

23 de febreiro. Día de Rosalía.

Adeus ríos, adeus fontes... e outros poemas e obras de Rosalía de Castro están na nosa exposición de Agrobiblio adicada á nosa tan querida escritora e poetisa... pásate a vela!



venres, 16 de febreiro de 2024

Obradoiros de Biblioteca Creativa. A flora e fauna de Galicia.

 O alumnado de 1º ciclo acudiu estes días a uns obradoiros manipulativos de flora e fauna de Galicia dentro do programa Biblioteca Creativa. Clasificaron, investigaron e aluncinaron usando os microscopios. Xa sabes: Enraízate no Agro!


 


venres, 9 de febreiro de 2024

Entroido 2024: Enraízate no Agro

Atentos todos e todas! Chegou o Entroido e Agro do Muíño foi invadido por unha morea de bichería e flora da nosa terra. Aquí tendes un pequeno resumo do noso festival de Entroido.

Pincha na imaxe para acceder ao vídeo.



luns, 29 de xaneiro de 2024

Libros pola paz

 Dende Agrobiblio facemos estes días unha proposta de libros que traballan sobre a paz e poden achegar aos máis cativos diversas realidades.

Agro pola paz!




luns, 22 de xaneiro de 2024

Comezamos o ano sabendo o que comemos

O alumnado de 3° de Ed. Primaria acudiu a un obradoiro de etiquetado de alimentos. Aprenderon a prestarlle atención ao que mercan e tamén a recoñecer alimentos que realmente sexan saudables. Creando conciencia sobre o que comemos e non esquezas:

Enraízate no Agro!





venres, 22 de decembro de 2023

GUÍA DE NADAL DE LECTURA

 Aquí vos deixamos a guía de recomendacións lectoras para este Nadal que elabora a rede de bibliotecas escolares de Ames. 

Botádelle un ollo!





xoves, 21 de decembro de 2023

Concurso de postais de Nadal

 Os nenos e nenas do CEIP Agro do Muíño estiveron estes días argallando as súas xa tradicionais postais de Nadal e así de chulas quedaron. Aquí deixamos un vídeo resumo cos gañadores. Pincha na imaxe para ver o vídeo. 

Bo Nadal!



mércores, 13 de decembro de 2023

O programa de radio "Hoy por hoy Santiago", da Cadena Ser dende o noso cole

Hoxe no CEIP Agro do Muíño recibimos a visita de Ainhoa Apestegui co seu programa de Cadena Ser: “Hoy por hoy Santiago”. Un programa emitido en directo dende o noso centro coa colaboración e participación de diferentes persoeiros do Concello de Ames, distintos membros da comunidade educativa e mesmo a cativada se animou a amenizar a xornada.

Unha sorte contar coa Cadena Ser! 


Queres escoitar o programa? 


martes, 12 de decembro de 2023

Faladoiros 23-24. Nº7. Os medios de comunicación.

 Belén, a mamá de Uxía, traballa na radio de Ames e veu a falarnos un pouco dos medios de comunicación e do seu traballo.

Interesantísimo!!



luns, 4 de decembro de 2023

Faladoiros 23-24. Nº 6. Aprendemos da fauna e flora de Galicia

 Esta vez tivemos a visita de Carolina, a mamá de Miguel. Falounos do noso proxecto deste año: a flora e fauna de Galicia. Fíxonos un divertido e didáctico xogo de tarxetas de animais e plantas.

Grazas Carolina!






Así investigamos coa maleta do CEIDA

Este mes tivemos a sorte de desfrutar da maleta ambiental do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Nela atopamos un montón de información sobre a fauna e flora de Galicia e serviunos para traballar no noso proxecto de centro: Enraízate no Agro.

Grazas ao CEIDA polo préstamo!



venres, 1 de decembro de 2023

O Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas escolares

No mes de novembro na biblioteca do CEIP Agro do Muíño alumnos e alumnas convertíronse en verdadeiros científicos e levaron a cabo diferentes experimentos. Aquí vos deixamos unha pequena recompilación dalgúns deles. 

Pincha na imaxe para ver o vídeo.

Uns expertos e expertas en ciencia!