FINALIZADA A EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS NO CENTRO, O ALUMNADO OS LEVARÁ Á CASA . LEMBRADE QUE DURANTE ESTA SEMANA DEBERÁN OFRECERLLOS A QUEN ELES ESTIMEN, A CAMBIO DUN PEQUENO DONATIVO. ESTES DONATIVOS SERÁN ENTREGADOS ÁS TITORAS PARA ENGADIR AO RECADADO NOUTRAS AULAS E FACER O INGRESO DA COLABORACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO PARA ASOCIACIÓN SAVE THE CHILDREN.
"Alma ha llegado del mar. Otto no entiende su idioma y, desde que está en su casa y le ha tenido que dejar su habitación, se siente desplazado. La atención de sus padres, su abuela y hermanos ahora se dirige a Alma. Y a Otto, el pequeño de la familia, esto no le hace mucha gracia. A pesar de todo, la comunicación entre ambos irá más allá de las palabras y la amistad trascenderá la posible distancia que aparece en un primer momento. Gracias a la presencia de un amuleto, Otto entenderá mejor el origen de Almaz Sebhat, el verdadero nombre de la niña que vino del mar."--
O día 6 de marzo recibimos a visita de Mónica Rodríguez, autora da obra Alma y la isla, que tivemos o gusto de disfrutar en 4º durante a “hora de ler”, no segundo trimestre.
O intercambio que experimentaron @s alumn@s coa autora foi moi enriquecedor para todos; xa que, o tema os motivou moitísimo e identificáronse coas distintas personaxes da historia. Mónica tratou con moita delicadeza e veracidade o tema da inmigración, tan de actualidade nos tempos que estamos
COMO XA VOS COMUNICAMOS EN CARTA ENVIADA A TRAVÉS DO ALUMNADO DURANTE O MES DE ABRIL, MES DO LIBRO, REALIZAREMOS MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN SAVE THE CHILDREN.
LEMBRADE QUE OS MARCAPÁXINAS VOLVERÁN ILUSTRADOS AO COLEXIO DURANTE A SEMANA DO 2 AO 6 DE ABRIL PARA EXPOÑER NOS CORREDORES DO CENTRO.
LOGO LEVARANOS PARA CASA NA VOLTA DE SEMANA SANTA PARA AGASALLAR A QUEN ELES QUEIRAN A CAMBIO DUN DONATIVO QUE IRÁ DESTINADO PARA:
AXUDAR COS PROGRAMAS DE SUPERVIVENCIA DOS NENOS E NENAS MENORES DE 5 ANOS EN PAÍSES COMO ETIOPÍA, NIGER, BURKINA FASSO, ASEGURANDO O ACCESO A AUGA LIMPA E POTABLE.
A importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan.
SE CLICAS NA IMAXE ACCEDERAS AO CONTIDO "MEDREMOS CO LIBRO" PUBLICADO NA WEB DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Conmemorando a semana da prensa, dende sexto A levamos un tempo traballando e elaborando os nosos propios programas radiofónicos, pois hai moitos tipos de prensa e nós tiñamos e seguimos tendo moito que dicir. Fixemos podcasting! Un podcast, se non o sabiades, é un arquivo de audio gratuito que pode descargarse e escoitarse nos reproductores electrónicos.Así, nós tratamos diversos temas que puidemos enfocar de moitos xeitos, dende o científico, o informativo, a opinión, o "gamer"... Esperamos que vos gusten, pois aínda que eramos novatos neste mundillo, fixémolos con moita ilusión.
RADIO GYM
Guion e voces: Bárbara Matos, Uxía Fabeiro, Mencía Balado e Lucía López.
Edición: Álvaro de Soto.
RADIOGAME
Guión e voz: Raúl José Otero
Edición: E.N.
OS PROBLEMAS DO FÚTBOL
Guion e voces: Hugo Benali e Saúl Fernández.
Edición: Daniel Bostan.
O RECREO
Guion e voces: Gabriela Antelo, Irene Fajín, Emma Arias.
Edición: E.N.
INFOROYALE
Guion e voces: Nicolás Riveiro, Antón Blanco, Martín Guerrero e Alberto Barreiro.
Edición: E.N. COMENTAROYALE
Guion e voces: Daniel Bostan, Juan Cañizo, Álvaro de Soto, André Manso, Oliver Carrasco e Inés Fernández.
Edición: Daniel Bostan
A METAMORFOSE
Guion e voces: Lúa Ardións, Icía Fernández e Martina Amigo.
Edición: Lúa Ardións
Con versos de Federico García Lorca adicados a Maruja Mallo "Maruja Mallo, entre Verbena y Espantajo toda la belleza del mundo cabe dentro del ojo, sus cuadros son los que he visto pintados con más imaginación, emoción y sensualidad." e de RafaleAlberti adicados a Mercedes Ruibal : Esta es Mercedes Ruibal de la risa, ésta es Mercedes Ruibal del diablo. La de la burla con aire de gaita, la de los cuentos con patas de sátiro. ADEMAIS DE COA BIOGRAFÍA DESTAS DÚAS MULLERES RELACIONADAS COA ARTE:
Case todos os críticos coinciden en sinalar que Mercedes Ruibal é pintora dun estilo único "dunha linguaxe moi persoal e dun mundo que só a ela lle pertence". DE MARUJA MALLO :"A súa obra é cada vez máis valorada por galeristas e críticos, especialmente a crítica española máis nova, que ve nela a encarnación dunha vangarda ocultada polo franquismo. Tras a morte de Franco chegalle o recoñecemento total; a súa culminación podería establecerse na Medalla de Ouro de Belas Artes, no 1982, e na exposición antolóxica que en 1993 lle dedica, entre unha forte polémica polo inadecuado do momento, o Centro Galego de Arte Contemporánea".
DECIDIMOS TRABALLAR CO ALUMNADO A SEMANA DA MULLER
O ALUMNADO DE 2º DE ED PRIMARIA COMPLETOU O MURAL FACENDO UN FERMOSO GUIÑO A LAS SIN SOMBRERO NOME CO QUE SON COÑECIDAS UN GRUPO DE NULLERES PENSADORAS E ARTISTAS ESPAÑOLAS DA XERACIÓN DO 27
E PARA CELEBRAR O ENTROIDO COMO SE MERECE, NADA MELLOR QUE REALIZALOS SOBRE O TEMA DO PROXECTO QUE ESTAMOS A TRABALLAR EDUCARTE.
PINTORES COMA MIRÓ, PICASSO, ANDY WARHOL...PALETAS, E RECREACIÓNS DE DIFERENTES CADROS , OS XIRASOIS, O ARLEQUÍN ... DESFILARON POLO NOSO ENTROIDO ARTÍSTICO. ATA VIÑERON OS TURISTAS A VISITAR O NOSO PEQUENO E ENTRAÑABLE DESFILE.
O NOSO CENTRO UNEUSE Á PROPOSTA DA A.E.L.G. CONVIDÁNDONOS A IMPLICARNOS DE FORMA ACTIVA NA FESTA QUE CELEBRA O NOME E A OBRA DA POETA MAIOR DE GALICIA, CHAVE MAESTRA DA NOSA LITERATURA E DA NOSA CONCIENCIA DE POBO.
O TRABALLO QUE AMOSAMOS NON SERÍA POSIBLE SEN A COLABORACIÓN SEMPRE ACTIVA DAS FAMILIAS DO ALUMNADO DO CENTRO, ÁS QUE LLE MANIFESTAMOS O NOSO MAIOR AGRADECEMENTO.
AMOSAMOS O TRABALLO REALIZADO POR TODO O ALUMNADO DO C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO NOS ACTOS REALIZADOS NA SEMANA DA PAZ.
SEMPRE COA ESPERANZA DE QUE OS NOSOS DESEXOS SEXAN CUMPRIDOS E CHEGUEMOS A VER UN MUNDO MELLOR. MOITOS GRANS DE MILLO FAN UN GRANEIRO E NON QUEREMOS DEIXAR PASAR A OCASIÓN DE POÑELO DE MANIFESTO.
Todo o profesorado acordou celebrar a Paz o día 30 de xaneiro de 2017. Ana, mestra de música, está traballando con todo o alumnado a canción “Acuarela” do cantante Toquiño. (Ensaian
en portugués).
A partir desta canción elaborarase un mural colectivo de todo o alumnado co seguinte título: “PINTA
O LENZO DA TUA VIDA CON ACUARELAS DE …. Paz, Amor, Ledicia, Aloumiños, Tolerancia,
Igualdade, Xogos, Xustiza, Tenrura, Solidariedade, Liberdade, Respecto,Esperanza, Protección, Perdón, Amizade, Interculturalidade,
Colaboración, Convivencia, Comprension, e Aperta”.
Tamén
se elaborará un mural coa palabra
“Irmandade”, (elexida palabra do ano 2016 en Galicia). As letras desta
palabra entregaranse en forma de puzzle a cada aula, e decorará a parte que lle
corresponda. Traballarase nas aulas o poema “IRMAUS” de Celso Emilio Ferreiro ,está musicado
por Fuxan os Ventos. Se queres podes consultar os seguintes enlaces que che facilitamos para o traballo na aula: ENLACES : CLICA NAS PALABRAS IRMANDADE OU IRMAUS IRMANDADE IRMAUS