Todo o profesorado acordou celebrar a Paz o día 30 de xaneiro de 2017. Ana, mestra de música, está traballando con todo o alumnado a canción “Acuarela” do cantante Toquiño. (Ensaian
en portugués).
A partir desta canción elaborarase un mural colectivo de todo o alumnado co seguinte título: “PINTA
O LENZO DA TUA VIDA CON ACUARELAS DE …. Paz, Amor, Ledicia, Aloumiños, Tolerancia,
Igualdade, Xogos, Xustiza, Tenrura, Solidariedade, Liberdade, Respecto,Esperanza, Protección, Perdón, Amizade, Interculturalidade,
Colaboración, Convivencia, Comprension, e Aperta”.
Tamén
se elaborará un mural coa palabra
“Irmandade”, (elexida palabra do ano 2016 en Galicia). As letras desta
palabra entregaranse en forma de puzzle a cada aula, e decorará a parte que lle
corresponda. Traballarase nas aulas o poema “IRMAUS” de Celso Emilio Ferreiro ,está musicado
por Fuxan os Ventos. Se queres podes consultar os seguintes enlaces que che facilitamos para o traballo na aula: ENLACES : CLICA NAS PALABRAS IRMANDADE OU IRMAUS IRMANDADE IRMAUS
Irmandade foi elixida a Palabra do Ano 2016 na votación popular promovida polo Portal das Palabras, o proxecto que comparten a Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a difusión da nosa lingua. Os participantes nesta iniciativa quixeron así renderlles homenaxe, no centenario da súa fundación na Coruña, ás Irmandades da Fala, e tamén salientar a vixencia das súas reivindicacións. Este movemento pulou no primeiro terzo do século XX pola modernización e a dignificación da lingua e da cultura galegas, defendo o uso do idioma propio de Galicia en todos os contextos.
No ano 2016 conmemorouse os cen anos das Irmandades da Fala, iniciativa popular galega que entre 1916 e 1936 traballaron, a través dunha rede de organizacións locais, pola reivindicación e recuperación da língua, promovendo todo tipo de iniciativas sociais e culturais .
NACEU EN SANTIAGO EN 1962. VIVE E TRABALLA NA MESMA CIDADE.
É UN ARTISTA MULTIDISCIPLINAR QUE FAI ESCULTURA, PINTA E USA A CÁMARA DE FOTOS COMO INSTRUMENTO PARA FACER COMPOSICIÓNS ARTÍSTICAS.
RESCATA OBXECTOS E MATERIAIS DE REFUGALLO DIRIXÍNDOOS CARA UN MUSEO UTÓPICO DA FANTASÍA E PARA ELO CREA RADU ( Rescate Artístico Destiino Utopía)seudónimo co que da título ás exposicións
A BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO TRANSFORMOUSE EN SALA DE EXPOSICIÓNS PARA ACOLLER AS ESCULTURAS DE SALVADOR G.B.PEREIRA. ÉL FOI O ENCARGADO DE FACELO POSIBLE DESEÑANDO OS ESPAZOS E A UBICACIÓN DAS ESCULTURAS
GRAZAS ÁS XESTIÓNS DE MONCHO, DIRECTOR DO CENTRO, PUIDEMOS COMBINAR OS DOUS PROXECTOS COS QUE CONTAMOS NESTE CURSO DIXIDOS A TRABALLAR A ARTE E A SUSTENTABILIDADE.
O ALUMNADO PUIDO COMPROBAR COMO O AUTOR RESCATA OBXECTOS E MATERIAIS DE REFUGALLO DIRIXÍNDOOS CARA UN MUNDO UTÓPICO DA FANTASÍA.
PENSAMOS QUE SERÍA MOI ENRIQUECEDOR PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PARTICIPAR NESTA MOSTRA POLO QUE ELABORAMOS INVITACIÓNS PARA QUE PUIDESEN VISITAR EXPOSICIÓN.
AÍNDA QUE A GUÍA DE NADAL, ELABORADA POLA REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES, XA FOI ENVIADA ÁS FAMILIAS O DÍA 21 DE DECEMBRO, PUBLICÁMOLA POR SE FÓRA DO VOSO INTERESE.
O ALUMNADO DE ED. INFANTIL E DE 3º DE ED, PRIMARIA VISITAMOS UNHA EXPOSICIÓN DE CADROS DE ARTISTAS GALEGOS NA EMIGRACIÓN, QUE LEVA POR TÍTULO: " UN COMPÁS, UN SEXTANTE E UN MAPA" NA FUNDACIÓN ABANCA. "A MOSTRA ACHÉGANOS A ARTE REALIZADA POR CREADORES GALEGOS NA EMIGRACIÓN. A HISTORIA DE GALICIA VINCULADA AO FEITO MIGRATORIO QUE DENDE O SÉCULO XIX ATA A ACTUALIDADE NOS FOI CONFIGURANDO COMO SOCIEDADE" A TRAVÉS DA ARTE OS NENOS-AS TOMARON CONCIENCIA DO FEITO MIGRATORIO E COÑECERON A OBRA DE DIFERENTES ARTISTAS COMO MANUEL PAILÓS, ISAAC DÍAZ PARDO, LAXEIRO, ARTURO SOUTO E LUIS SEOANE.
AS MONITORAS EXPLICÁRONLLES O FEITO MIGRATORIO E COMO OS ARTISTAS EXPRESABAN NESTES CADROS AS SÚAS EMOCIÓNS, INQUEDANZAS E O QUE ÍAN OBSERVANDO NOS LUGARES QUE VISITABAN.
A TRAVÉS DE PEZAS DE PUZZLES QUE DEBERÍAN ENCAIXAR PARA FORMAR AO TRITÓN PINTAFONTES, FIXEMOS UN PERCORRIDO POLA OBRA DOS ARTISTAS ANTERIORMENTE MENCIONADOS.
EXPLICÁRONLLE A COR, REPRODUCIRON OS CADROS CON PEZAS DE CREBACABEZAS, E XOGARON ÁS EMOCIÓNS NUN XOGO DE EMPATÍA CO SENTIMENTO DAS PERSOAS QUE TERÍAN QUE EMIGRAR. AO FINAL CONSEGUIRON FORMAR O PUZZLE DE PINTAFONTES
NO QUE OS MUNICIPIOS DA ÁREA DE COMPOSTELA CELEBRARON DIFERENTES ACTOS CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. UN GRITO UNÁNIME E SOLIDARIO CONTRA UNHA LACRA QUE SE SEGUE A COBRAR AS VIDAS DE MULLERES TODOS OS ANOS. PRETENDEMOS QUE PARTICIPEN OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA QUE ASÍ O DESEXEN, POLO QUE BAIXO O LEMA : CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO MANIFÉSTOME CO CORAZÓN
ESTÁN EXPOSTOS NA ENTRADA PRINCIPAL DO CENTRO TRES TABOLEIROS NOS QUE PODEMOS MANIFESTAR O NOSO REXEITAMENTE A TODO TIPO DE VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
Elias Noel, o noso compañeiro, ven de gañar na categoría xuvenil o PRIMEIRO CONCURSO DE NARRATIVA KIFBOOK 2016.Naceu en Mondoñedo (Lugo), o 27 de
decembro de 1987. Viveu inmerso na terra máxica de Álvaro Cunqueiro ata que terminou o instituto e ao igual que os peregrinos, chegou a Santiago de
Compostela para estudar na universidad formándose como educador.
Actualmente continúa sendo o su lugar de residencia dende onde realiza a súa labor
como profesor en diferentes colexios galegos. No tempo libre, a escritura e o teatro son as súas paixóns. Nesta líña, a nivel teatral formou parte de
diversos grupos amateurs en Santiago de Compostela y tivo a fortuna de
crear e dirixir o guión do evento “La noche de Merlín”, adaptación da obra de Cunqueiro, “Merlín e familia”, no ano 2011.
Na narrativa
segue a deixar voar a su imaginación creando diversas historias de corte
fantástico como no caso de Mundosueño, obra ganadora en la categoría juvenil
del I Concurso de narrativa KIFBOOK 2016. ( http://kifbook.eu/web/elias-noel)
Elías é profesor do alumnado de 6º B, durante este curso, no noso Centro e presentou en diferentes aulas a súa obra MUNDOSUEÑO ademais de contestar a todas as preguntas que o alumnado quixo facerlle. Nas seguintes imaxes vémolo conversando co alumnado de 1º de Ed.Primaria.
"A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"- 2015, foi a científica convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo que deberíamos darlle máis valor". FONTE :http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ PARA MÁIS INFORMACIÓN CLICA NO ENLACE :