sábado, 26 de xuño de 2010

"O DÍA DA PAZ"








Este ano no "Día da Paz", e en estreita relación có Proxecto da Biblioteca, levouse adíante unha idea moi especial para concenciar ó alumnado e ao mesmo tempo axudar @s nen@s afectados polo terremoto de Haití.Baixo o lema"Para tí, Para Haití" e co prezo simbólico dun euro, deseñouse unha pomba para levar as casas.











A acollida desta iniciativa foi tan boa,que o euro superou con creces as nosas expectativas, de tal xeito que os beneficiados coa nosa proposta foron @s nen@s de Haití.






Paralelamente celebrouse nas instalacións do Ximnasio un Festival preparado polas profesoras de Educación Física conxuntamente coa de Educación Musical no que participou todo o colexio e no que non faltaron performances, percusións, cánticos e bailes...


O resultado foi impresionante.Noraboa as tres profesoras¡


AS CELEBRACIÓNS NO COLEXIO: "O DÍA DA PAZ " e "O ENTROIDO"

http://www.wix.com/gelapd/DIA-DA-PAZ

sábado, 19 de xuño de 2010

AS PORTAS DE PRIMARIA

Outra das labouras da Comunidade educativa do colexio, contaxiada polo entusiamo do alumnado, consistíu en decorar as portas das aulas según o país que estivesen traballando:así poidemos ver portas con aspecto de "haimas" do deserto ou "cabanas" dos aboríxenes maorís, "tipis" dos indios americanos ou unha "entrada" ó metro londinense...

sábado, 12 de xuño de 2010

CHINA , UN PAÍS MISTERIOSO PARA @S NEN@S DE 5 ANOS





Os nenos e nenas de 5 anos emprenderon este proxecto, situando a China no Mapa Mundi das Culturas que temos exposto na entrada do colexio.











Despois levaron un mapa de China á clase e comprobaron o grande que é e as provincias que tiña.








Coñeceron as letras chinesas e as reproduciron nun folio.
Decatáronse de que entender chino e escribilo non é tarefa doada.
Qué letras máis complicadas¡







En China podemos atopar modernos edificios e campos de fútbol realizados para os "xogos olímpicos de Pekín
2008, como éste que vedes na foto.








Pero, ao mesmo tempo, podemos atopar munumentos tradicionais chineses en perfecto estado de conservación como este da cidade de Hualieng.












Esta é a bandeira de China












Esta é a festa de inauguración dos Xogos Olímpicos en Pekín no ano 2008
















Estos son os traballos que nos fixemos sobre China con toda a información recollisa e que posteriormente cada un levou para a súa casa.









Este é o gran día , en que vestidos a usanza chinesa, executamos un baile dese país díante das nosas familias, e acompañados polas nosas titoras que tamén se vestiron coma nós.

xoves, 10 de xuño de 2010

OS NENOS DE 3 ANOS INVESTIGAN SOBRE A INDIA




Así foi como interpretamos a India @s nen@s de 3 anos.
Gostarónnos moito as cousas que aprendimos sobre a súa cultura e as súas costumes¡














Aquí estamos preparados para executar un baile hindú cos seus movementos tan exóticos e delicados.








Todos vestidos ao estilo hindú, profe incluída.













Chegou o día de amosar as nosas dotes artísticas diante dos nosos pais.
Qué nervios¡







































Miramos como se maqueaban e ves tian as mulleres hindús para poder vestirnos o máis semellante a elas. Que tal quedamos?















Na India as vacas son sagradas e
non se poden matar, nin comer a súa
carne pero poden beber o seu
leite.









A tez dos hindús é moi morena e os homes levan turbante de moitas cores.











O Taj Mahal é un gran monumento ao Amor dun emperador musulmán para a súa muller que morreu cando tiveron un fillo.












As mulleres e os homes da India vánse lavar o río Tigris pois para elas é un río sagrado.















Esta é a bandeira da India.








Educación Infantil escollemos como continente para traballar ASIA e o repartimos da seguínte maneira: 3 anos investigou a India, 4 anos indagou sobre a cultura Turca e 5 anos traballou China.
Cantas cousas aprendemos¡

OS DE 3 ANOS INVESTIGAN SOBRE A INDIA

martes, 8 de xuño de 2010

A APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA NA AULA








Coñecimos a famosa Santa Sofía de Constantinopla cos seus tellados que semellan de prata e pegamóla na portada dun libriño que fixemos para levar para casa con toda a información aprendida


















Aprendemos a danza do ventre e a tocar os crótalos ou chinchins.
Unha profesora tocaba o Darbuka qué é outro instrumento típico turco. Que ben o pasamos¡























As títoras e o alumnado destas clases vestíu a roupa deste país e aprendeu os nomes de cada un dos seus elementos.



















Obxectos típicos de Turquía que @s nen@s de
4 anos tiveron na aula co obxecto de familiarizarse mellor con outra cultura moi diferente a súa: a turca






















O modelo de Proxectos empregados polo noso Centro ao longo de todo este curso, impulsa o espíritu investigador a través de diversas fontes como o uso das TIc e as Bibliotecas Escolares
O alumnado de Educación Infantil de 4 anos escolleu como país para traballar, Turquía.
Recabaron de sus pais e títoras toda a información necesaria para traballar este país tan lonxano para casi todos eles.
E foron aprendendo cousas e vivenciandoas na clase.
Trouxeron obxectos típicos deTurquía das súas casas ou cedidos polas títoras, e os manipularon e aprenderon os seus nomes e para qué se empregaban.


















CONSTRUÍNDO AS APRENDIZAXES

















A práctica docente, organizada tradicionalmente en torno ao libro de texto, ven de comezar a modificarse.
No eixe deste cambio sitúase a Biblioteca Escolar, que pasa a ter un modelo funcional e organizativo deixando de ter un papel meramente auxiliar a un modelo plenamente integrado en el currículum con unha participación activa no fundamento das estratexias didácticas de aprendizaxe, o que lle ofrece unha importante función na formación contínua do alumnado


luns, 7 de xuño de 2010

OS MURAIS DAS AULAS



Os Sioux fan ofrendas sagradas os seus deuses totémicos neste mural realizado coa técnica das témperas
África e o misterioso mundo dos túnicas azuis, os "tuaregs" quedan ilustrados perfectamente mediante unha serie de elementos:as dunas do deserto, un oasis, o sol aterrador, o dromedario e a soedade dos tuareg no medio do deserto.



Mural representando a unha xirafa do "Massai Mara".Reserva de animais que se atopa entre Kenia e Tanzania



Mural representando os costumes do pobo inuit.Vemos representado a que sería a vida dentro dun igloo.


A tradicional forma de pescar dos maorís vese espléndidamente reflexada neste mural que chamou a atención de todo o Colexio



Os murais das aulas explicasen como o resultado da aprendizaxe no proceso de construcción do coñecemento por parte do noso alumnado.





Cada aula representou a cultura elexida nun taboeiro de cortiza que quedaba no exterior da aula.





Os resultados e as técnicas empregadas foron múltiples e variadas:

Dende as 3 dimensións para dar volumen á obra, pasando polo troquelado, o difuminado, as témperas, o collage o estarcido.....