JOSEFINA LING
"EN TODAS AS ÉPOCAS DA HISTORIA ENCONTRÁMONOS CON ASTRÓNOMAS QUE ADICARON OS DÍAS E AS NOITES AO ESTUDO DOS CORPOS CELESTES"
VÍDEO DA VISITA
TEXTO REDACTADO POLO ALUMNADO DE 5º CO GALLO DA VISITA DE JOSEFINA LING AO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO
Josefina Ling é unha muller licenciada en matemáticas na
universidade complutense de Madrid, que agora mesmo é
astrónoma do observatorio astronómico do Ramón María Aller e profesora
titular do departamento de matematiaca Aplicada da facultade de matemáticas da
USC. Membro da comisión 26 de Estrelas Dobres e Múltiples da unión astronómica
internacional e Conselleira Científica da Sociedade Astronómica de Francia.
ASÍ NOS ENTUSIASMOU
O día 27-4-2016 Josefina Ling
veu ao cole de Agro do Muíño para contarnos aos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria moitas cousas sobre o universo
debido a que o tema da escola deste curso vai sobre iso. Unha desas historias
que nos contou foi esta:
"O primeiro observatorio astronómico de Galicia abriuse
aos ministerios do universo o 27 de septembro de 1943 fai 70 anos.O
edificio,coa máxica cúpula branca entre o verde do que agora se coñece
como Campus Sur de Compostela, fóra un
logro de Ramón María Aller, o astrónomo aficionado do Deza do que herdou o seu nome. Nos primeiros
anos da súa posta en marcha, unha muller que superaba os 30 anos asomábase ao
basto espazo dende os telescopios do lugar
absorbendo o coñecemento do mentor. Era Antoñita, Antonia Ferrín
Moreiras (O Carballiño, 1914-Santiago, 2009), a que sería “A colaboradora máis
fiel, disciplinada e meticulosa" de
Aller. Foi ela estudante e profesora universitaria que acabaría
firmando un hito para as ciencias en
Galicia: realizar fai 50 anos a primeira tese lida na facultade de
Matemáticas da Universidade de Santiago.
Dita tese – a primera sobre Matemáticas e Astronomía en
Galicia- versaba sobre as observacións
dos pasos das estrelas por dúas
verticais, e a convertiu na primeira astrónoma de Galicia, recorda José Angel
Docobo, actual director do Observatorio Compostelano, quen destaca a súa lucidez e memoria. O propio María Aller, quen a
introduxera na astronomía nos
anos 40 recén aberto o Observatorio Astronómico,dirixiu o doctorado
de Ferrín.
Como esta historia contounos moitas que nos gustaron e interesaron
moitísimo.
Cando ía marchar, unha
profesora chamada Luisa, fixolle a entrega dun diploma conforme foi a
Faladoiros do Muiño, gustoulle moito e púxose contentísima pero todavía
faltaban maís agasallos:uns pendentes de lúa e un colar moi bonito.