mércores, 9 de xuño de 2021

PEREGRINO ITINERARIO LECTOR

 Para  conseguir os obxectivos do Proxecto  Lector do Centro, todos os cursos  elaboramos un Plan de Lectura anclado en tres eixes principais:

 Programación de bibiblioteca escolar
 Itinerario lector 
 Proxecto interdisciplinar de centro

Tendo en conta o noso itinerario lector elaboráronse os seguintes traballos:

4 anos A: 
¿De qué color es un beso?


4 anos B:
A viaxe das bolboretas


5 anos A: 
La mariquita gruñona


1º de Educación Primaria:

Feliz Feroz
Mariña e o balón


2º de Educación Primaria:

El Superzorro (2º A)
Sete casas, sete bruxas e un ovo (2º B)
O dente de Clara (2º C)


3º B de Educación Primaria:

No corazón do bosque

preme na imaxe



4º de Educación Primaria:

Las brujas
Formigas - Misión Camiño de Santiago


preme na imaxe



5º C de Educación Primaria:

As meigas de Lupa

preme na imaxe



6º de Educación Primaria:

6º B: Conta nove estrelas



6º C: Os 3 peregrinos



mércores, 2 de xuño de 2021

MEMORIA FOTOGRÁFICA 2020-2021

 Aquí tedes a memoria fotográfica do proxecto documental integrado que se levou a cabo no presente curso. Nel quixemos recoller aqueles aspectos máis salientables e significativos para o noso alumnado. 

Esperamos que vos guste, fixémola con moito agarimo e esforzo.

mércores, 19 de maio de 2021

Estrea Mundial da curta: "SANTIAGO PÉRDESE NO CAMIÑO"

 




Curta baseada nun conto inventado polos nenos e nenas de 2º B . Trata dun peregrino que fai o Camiño de Santiago. A técnica empleada é STOP MOTION. O decorado, os bonecos, as tomas fotográficas como os audios foron eleborados polos propios nenos e nenas.

NOVIDADES NO MES DE MAIO

 Xa tedes a vosa disposición as peticións das distintas aulas.

Esperamos dende o Equipo de Biblioteca que disfrutedes moito con estas novas lecturas!!!

luns, 10 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

A Real Academia acorda rendirlle homenaxe a " unha voz singular, transgresora e comprometida" como representante da xeración que renovou nos anos 80 a poesía galega e foi pioneira na tradución de clásicos. 



A RAG estrea unha serie documental sobre a vida e traxectoria da escritora Xela Arias.


Mirade este vídeo, elaborado polo alumnado de 5º Ed. Primaria do CPR San Pío X, sobre a vida e obra de Xela Arias Castaño.

ACTIVIDADES:

PORTAL DA LINGUA GALEGA

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN INFANTIL

luns, 3 de maio de 2021

MALETA VIAXEIRA SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO

 Gracias á Asesoria de Bibliotecas temos a oportunidade de ter no noso centro a Maleta Viaxeira sobre o "Camiño de Santiago".

Desfrutaremos moito e descubriremos varios materiais relacionados co noso PDI: "Pasiño a pasiño facemos o camiño".

Tanto o alumnado como profesorado ten a oportunidade de visitar e utilizar os recursos desta maravillosa maleta.






mércores, 28 de abril de 2021

ENCONTROS CON AUTORES

Para celebrar o mes de abril tivemos a oportunidades de desfrutar dalgúns autores dos libros do noso itinerario lector.

O alumnado de 1º e 2º de E. P. contou coa presencia de David Rodríguez, autor de "Superavoa".

 

Os de 4º de E. P tiveron unha videoconferencia con Pere Tobaruela, autor de "Formigas: Misión Camiño de Santiago".


Os de 6º de E. P tiveron unha videoconferencia con Andrea Maceiras, autora de "Conta nove estrelas".


Puideron comentar con eles como xurdiu a historia, a orixe dos personaxes e contestaron ás preguntas feitas polo alumnado.


luns, 26 de abril de 2021

Día do LIBRO 2021

 Aquí tedes algúns exemplos dos traballos realizados nas distintas aulas para celebrar o DÍA DO LIBRO

preme na imaxe



venres, 23 de abril de 2021

CREAcción Día do Libro 2021

 

No CEIP Agro do Muíño démoslle vida a un novo espazo lector. Para iso, dentro do noso PDI “ Pasiño a pasiño facemos o Camiño”, mesturándoo co lema deste curso “Xeografías Lectoras” montamos o noso CAMIÑO POÉTICO,  empregando distintos recursos (plásticos, sonoros e literarios) e nel participaron a totalidade das aulas do centro. Trátase dun corredor que comunica o centro co pavillón  e nel creamos este espazo, que se fusiona co día da árbore e co proxecto Voz Natura: PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO DA POESÍA.

A actividade consistiu en recompilar ou inventar poesías relacionadas co Camiño, plasmalas nunha pedra de cartón pluma, decoralas, recitalas e gravalas. Todo isto acompañado dunha bota de peregrino decorada e chea de flores simbolizando a nosa peregrinaxe. Deste xeito, e tendo en conta a  situación de pandemia que estamos a vivir, buscamos que todo o alumnado poida gozar da totalidade das poesías das diferentes aulas, dándolle vida ao noso novo espazo  lector.








xoves, 22 de abril de 2021

CONTO DO CAMIÑO

 Hoxe chegounos unha pequena historia moi chula, que queremos compartir con vós.

Agradecemos a participación da familia de Danel e Jon de 5anos - A e de 3 anos - A nesta actividade para festexar o Mes do Libro.

MOITAS GRAZAS POR ANIMARVOS A PARTICIPAR!!!

mércores, 17 de marzo de 2021

UN CAMIÑO CHEO DE CONTOS

 



ESTIMADAS FAMILIAS: 

Durante o presente curso estamos a traballar o proxecto interdisciplinar :“PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO”, fomentando así o noso patrimonio cultural. Como un dos nosos principais obxectivos é implicar a toda a comunidade educativa e este curso se veu condicionado pola pandemia, gustaríanos organizar unha actividade virtual na que poidan participar as familias para fomentar o hábito lector entre o noso alumnado.

Dado que no mes de abril se celebra o mes do libro, invitámosvos a gravarvos contando un conto e/ou algunha historia relacionada co CAMIÑO. Poderá ser contado, lido, con monicreques, teatriño,... e poderán participar os conviventes que o desexen. 

Posteriormente colgarémolo no blog da biblioteca do centro. Todas as familias que queiran participar poderán enviar o vídeo en formato mp4 ao correo do blog: agromuinobiblio@gmail.com. indicando en dito correo o nome e curso do neno así como o título do conto. 

Poderanse enviar desde o día 22 de marzo ata o 16 de abril.

luns, 15 de marzo de 2021

Semana da Prensa 2021

 

O calendario escolar para o curso 2020/2021 contempla a celebración dunha "Semana da Prensa" na semana do 8 ao 12 de marzo. Velaquí algúns traballos realizados nas nosas aulas: