A nosa Biblioteca Creativa está a recibir moitas visitas. Neste caso, podemos ver que ben o pasaron o noso alumnado de 3º C.
Preme na imaxe
A nosa Biblioteca Creativa está a recibir moitas visitas. Neste caso, podemos ver que ben o pasaron o noso alumnado de 3º C.
Preme na imaxe
A continuación podedes ver un pequeno resumo dos "Faladoiros do Muíño"
que realizáronse na aula de 5 anos B.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Preme na imaxe
Este ano no CEIP Agro do Muíño achegamos a flora e fauna do mundo mariño, así como todo o relacionado co mar ao noso alumnado. Puidemos curiosear, investigar, experimentar e sobre todo …APRENDER de todo o que acontece no fondo do mar…
Preme na imaxe
Nesta páxina poderedes descubrir os traballos que realizou a nosa cativada dentro do itinerario lector no curso 2024-2025. Non volos perdades! Xa sabes:
Mergúllate no Agro!
Preme na imaxe
Lucía, Julia e Nekane de 3º C contaron o conto “Buenas noches asquerosa cosa viscosa” ao alumnado de 5 anos A. Quedaron encantados!!!
Preme na imaxe
Aquí tedes un pequeno resumo dos faladoiros que realizáronse na aula de 3 anos A.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.
Preme na imaxe
Aquí podedes ver a exposición dos nosos traballos do PDI:" MERGÚLLATE NO AGRO" que están na biblioteca.
Preme na imaxe
Aquí podedes ver a exposición dos nosos traballos do Itinerario Lector deste curso que están na biblioteca.
Preme na imaxe
Despois de moito tempo, a nosa “Agrobiblio” volve a ter vida nos recreos…
Como sabedes, despois das obras de ampliación, o expurgo e o cambio ao programan novo de catalogación Koha levounos moito traballo e esforzo para ter lista a Agrobiblio para todos os nenos e nenas de Agro.
Agora xa poden desfrutar dela...
preme na imaxe
A biblioaxudante Iria, de 6º A está a realizar un obradoiro de lettering con todo o alumnado que está interesado nesta “arte”.
O obradoiro está tendo moi boa acollida polo resto do alumnado que acude no recreo a realizalo. Moitas grazas Iria.
Preme na imaxe
O pasado 21 de maio viñeron Marián Cueto Rapado y Edgard Camarós Pérez, os pais de Teo de 5º C de Primaria a realizar o Faladoiro: “Arqueólog@s e Prehistoria”. Son Arqueólog@s e profesores na Universidade de Santiago.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Preme na imaxe
Este xoves, 22 de maio, a contacontos e actriz Victoria Pérez Varela, achegouse ao noso centro para traballar con estes nenos e nenas dito libro. Para iso botou man dalgúns voluntarios e voluntarias que se converteron por uns intres en actores e actrices que representaron algunhas partes do libro.
Foi unha mañá moi divertida!!
Preme na imaxe